viernes, 19 de septiembre de 2008

Albóndigas de carne

Voy a añadir una nueva receta que hace más de 50 años recorté de una revista mexicana y que nos gustó tanto a toda la familia, que siempre que hago albóndigas recurro a ésta. La voy a copiar tal cual pone en la revista.
"Compren 400 gramos de carne de res molida y 100 igualmente molida de carne de puerco. En un plato hondo pongan la carne y agréguenle sal, pimienta, un huevo entero, cebolla picadita y un poquito de jugo de tomate. Amase bien con los dedos y añadan pan molido en la cantidad suficiente para que la mezcla quede seca, pero jugosa al mismo tiempo.
Entonces con la mano vayan haciendo pequeñas bolas con la carne ya preparada, todas del mismo tamaño. Pásenlas por harina y vuelvan a redondearlas, siempre con la mano. Pongan a calentar aceite en una sartén y cuando esté en su punto vayan friéndolas removiendo de vez en cuando para que queden hechas todas por igual, pero no se dejen dorar demasiado. Entonces según van estando hechas, échense en una cazuela (el barro también para ésto será magnífico) y cuando ya estén todas retiren el aceite y dejen sólo un poco en la sartén y en ese frían un poco de cebolla, un pequeño diente de ajo bien picado y un tomate grueso rojo.
Cuando ya va estando todo cocido, agreguese una cuchada de harina, un poco de perijil desmenuzado y la punta del cuchijllo de pimentón y después de mezclarlo bien agreguen agua para que hierva todo perfectamente. Si son afectos al chile pueden ponerle también en ese preparado. Después se cuela todo y se vierte el líquido sobre las albóndigas, cuidando que queden bien cubiertas de caldo. Ya en ese punto déjenlas cocer a fuego lento bastante tiempo hasta que se cuezan y la salsa quede bien trabada. Si en algún momento ven que necesitan más agua no vacilen en agregar un poco, siempre que despues tengan tiempo de dejar que la salsa quede bien en su punto, que como les digo no es aguada, sino ligeramente cremosa".

jueves, 11 de septiembre de 2008

Laranxas á crema.


















As laranxas saben moito,
e con un pouquiño licor,
feitas así á crema
saben moitísimo mellor.


Ingredientes:
1 sobre de flan , 2 laranxas grandes, 1/4 l de leite, 6 culleradas colmadas de azucre, licor doce, guindas.

Elaboración:
Cortar pola metade as laranxas, extraerlle a pulpa sin desfacer as cáscaras. Nun recipiente bótase a pulpa cortánda en cachiños pequenos engadíndolle 6 culleradas de azucre e máis o licor doce, a gusto, remésexe e énchense as cáscaras das laranxas. Preparase o flan con 1/4 l de leite e 2 ou 3 culleradas de azucre, cando empece a ferver quítase do lume e cúbrese con esta crema as medias laranxas, e decórase por riba con guindas. Quedando listo para servir.Bo proveito.

viernes, 5 de septiembre de 2008

FIDEUADA (ao estilo catalán)

Arranxado con ameixas de Carril
mexillóns da roca e xibia negra,
e moitísimo o que sabe a fideuada,
nesta nosa Galiza meiga.


Ingredientes:
1 kilo de fideo groso, 1/2 kilo de xibia negra, 1/2 kilo de ameixas de Carril, 1 kilo de mexillóns, 1 cebola, 6 culleradas de tomate frito, medio vaso de aceite de oliva, auga e sal.

Elaboración:
Lavar ben as ameixas, os mexilóns e a xibia, sacándolle a pel a esta última e cortándoa en cachos pequenos. Tritúrase a cebola coa axuda da batedora e bótase nun recipiente. Engádese o aceite, a xibia e o sal. Ponse a lume lento para que se refaga pouco a pouco. Pasados 10 minutos engádaselle a salsa de tomate e remésexe para que non se pegue durante 5 mínutos máis. Pasado ese tempo engadimos un caldo de pescado ou auga, (sempre o dobre de líquido que de pasta). En canto empece a ferver engadimos o fideo que sera gordo, (por exemplo Nº4.) e que ferva durante 6 minutos. Reméxese e mírase de sal. Sen deixar de ferver engadímoslle as ameixas e os mexillóns, deixándoos ferver durante 4 minutos máis. Pasado ese tempo sácase do lume deixando en repouso 10 minutos. Quedando listo para servir. Bo proveito.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Tiramisú

O Tiramisú eu o considero
como postre dos millores,
polas suas cualidades
ten gusto a moitos sabores.


Ingredientes:
250grs de queixo mascarpone, 250ml de nata montada, 4 claras de ovos, 200 grs de azucre, 7 biscoitos soletilla, café, cacao en polvo amargo, café soluble, 3 culleradas de licor de amendoas(Italiano.)
Elaboración:
Nun prato póñense os biscoitos soletilla, emborráchanse de café deixándoos a repousar. Nun recipiente bótase o queixo engadindo o azucre, o licor de amendoa e a nata, remexendo ata que quede todo ben mesturado. Nun bol bótanse as claras de ovos e coa axuda da batidora deixanse a punto de neve, logo engadimos o revolto da pasta de queixo, remexendo todo xunto.

Cóllense unhas copas e con unha cullerada bótase unha capa de revolto, e por riba unha capa de biscoito en cachiños moi miudiños que estarán borrachos de café, despois outra de rebolto, repetindo así esta operación ata encher as copas, acabando sempre por riba con unha capa de rebolto.Para decorar espolvoréase cacao en polvo e café solubre.Ponse na nevera de 2 a 3 horas como mínimo para servilo frío, quedando listo para comer. Desexándolles bo proveito.

lunes, 1 de septiembre de 2008

Langostinos encebolados.


Langostinos encebolados
que comidiña mais boa
que lles faga bo proveito
a todo aquel que os coma.


Ingredientes:
1 kilo de langostinos, 3 cebolas, 1 vaso de aceite de oliva, sal.


Elaboración:
Lavar os langostinos lixeiramente en auga fría, que xa estarán desconxelados, deixandoos a escorrer. Planamos as cebolas e córtanse ao largo moi finas.Collemos un recipiente e botamos un vaso de aceite engadindo alí as cebolas xa cortadas deixándoas ben postas. Engadimos os langostinos e bótaselle a sal necesaria por riba para que eles collan sal (todo esto faise en frío) Poñemos o recipiente a lume normal, en canto empece a ferver ponse a lume lento sin que deixe de ferver. Collendo o recipiente polas asas movendo dun lado a outro para que non se pegue.Tapando o recipiente para que non perda vapor. En canto non se note a cebola sacase do lume deixando en repouso 5 minutos, quedando listo para servir. Bo proveito.