martes, 10 de noviembre de 2009

Mestura de coliflor con chícharos.


Tódalas verduras son sas
Aportan poucas calorías
Por iso nos recomendan
Comelas tódolos días.

Ingredientes: 3oo grs de chícharos, 1 coliflor mediana, 1 cebola grande, 125 grs de xamon, sal, pementa, un chorriño de aceite de oliva.

Elaboración:
Pícanse moi finas as cebolas e córtase o xamón en dados; divídese a coliflor en ramilletes. Lávase deixase escorrer ben. Unha vez prequentada unha pota, baixaselle o lume ao mínimo e frítense nela a cebola e o xamón. Engadíndolle os chícharos (sen desconxelar, se son conxelados) remexéndoos ben; a continuación, engadímoslle a coliflor. Espolvoráse de sal e pementa e mesturase todo. A lume mínimo e co testo posto deixase cocer aproximadamente de 15 a 20 minutos. Bótase nunha fonte e rocíase con un chorriño de aceite. Quedando listo para servir.
Bo proveito.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Polo a gusto provenzal.















Crieino no meu corral,

e deume moito traballo.

Agora vese a recompensa,

non hai máis que ollalo.


Ingredientes:

1 polo de aproximadamente 1.200 grs, 2 cebolas, 3 dentes de allo, 1 pemento verde, 2 tomates, Sal, Pementa, romeo fresco e tomillo ou herbas provenzais secas, 1/8 l de viño rosado.

Elaboración:

Despois de limpiar e lavar ben o polo, sécase ben. Pártense as cebolas en aros e se pican os allos. Quítaselle as sementes ao pemento, lávase e despois de cortado en cuartos, pártese en tiras. Plánanse os tomates e córtanse tamén en cuartos. Nunha paellera prequentada, frítese ben o polo por todos os lados. A continuación, douranse as cebolas e os allos, engadíndolle as tiras do pimento e dos tomates e refogando todo xunto. Espolvoréanse o sal e as herbas. Tapamos e, a lume reducido, se deixa cocer o polo uns 40 minutos, dándolle a volta a media cocción.Cando o polo está no seu punto, sácase e córtase en catro partes. Quéntase novamente o fondo de asar, mestúrase co viño rosado, mirase de sal e se rocia a salsa sobre o polo, quedando preparado para servir. Un bo complemento pode ser o arroz. Bo proveito.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Gratin de macarrons con xamón


Os macarróns son moi bos

En proteínas e enerxía
Por iso llos recomendan
A todos os deportitas.

Ingredientes:
250 grs de macarróns cortados, 3/4 l de auga, unha culleradiña de sal, 1 cullerada de aceite de oliva, 300 grs de xamón de york en un cacho, 3 ovos, 3/8 l de leite ou nata, sal, pementea, noz moscada, 20 grs de manteiga, 1 cullerada de queixo relado.

Elaboración:
Ponse ao lume un recipiente con auga. Cando está a piques de ferver engadímoslle os macarróns, sal, e aceite, remexendo ben para que non se peguen. Baixase o lume ao mínimo e tápase parcialmente uns minutos para que non desborde. Despoís, tápanse e deixanse cocer durante 10 minutos. Logo pásanse os macarrons por un coador, deixandoos escorrer ben. Córtase o xamón en tacos e, nunha bandexa fonda, vanse colocando en tapas alternadas cos macarrons. Bántense os ovos co a leite, condiméntanse e esténdenselle porriba. Cúbrese todo con copos de manteiga e espolvoréase con queixo relado. Métese ó forno para que se gratine, a lume lento, durante 45 minutos, ata que os ovos se cuaxen e se forme unha superficie dourada e cruxente. O complemento adecuado sería unha salsa de tomate. En vez de xamón de york pódese empregar xamón serrano, ou carne sobrante dun asado. Desexándolle bo proveito.