As ameixas de Carril
famosas no mundo enteiro
e feitas a mariñeira
hai que sacarlle o sombreiro.
Ingredientes:
Un kilo de ameixa babosa de Carril, unha cebola pequena, viño branco do país, aceite de oliva, perixel, pan relado, sal e azafrán.
Elaboración:
Nun recipiente bótase o aceite de oliva e mais a cebola picada o máis miudiña posible a lume lento. Cando a cebola estea a punto de dourarse engadir un chorriño de viño branco do país, perexil e azafrán, engadíndolle as ameixas limpas e depuradas. Tápase o recipiente, (TRUCO: no momento en que as ameixas comencen abrirse réganse con algo menos de medio vaso de agua fría para que non mirren). En canto comecen a ferver de novo reméxense e míranse de sal. Por outra banda quítase unha pouquiña salsa para unha cunca ou algo similar, engadíndolle na cunca de 2 a 3 culleradas de pan relado, remexendo ata que quede unha pasta. Túmbase o recipiente que está ao lume contra un lado e engádeselle o contido da cunca. Cólles
Estas ameixas teñen moi boa pinta. Gracias pola receita.
ResponderEliminarO meu home ten antollo de ameixas , vou facer a receita tal e como decides , Felicidades polo BLOGE!!!Xa vos contarei!
ResponderEliminarwww.vouchefacerunhaparcelaria.blogspot.com