viernes, 9 de enero de 2009

Xiba na sua tinta


A xiba non ten espiñas
porque é cefalópodo
a cambio Deus deulle unha cuncha
para cargar con ela ao lombo.




Ingredientes:
2 kilos de xiba limpa (tamén chamada chopo ou choco), 1 cebola grande, 1 vaso de aceite de oliva, sal, 200 g de arroz.
Elaboración:
Poñemos un recipiente a lume lento engadindo o aceite, a cebola moi triturada e a xiba que estará limpa sen a pel, cortada en cachos e sal, deixándoa ferver lentamente de 30 a 35 minutos, segundo o grosor da xiba. Mírase de sal e engadímoslle a tinta. Remésexe para que se estenda por todo deixándoa ferver ata a sua coción. Sácase para unha fonte e decórase con arroz cocido en blanco.Desexándolle moi bo proveito.

1 comentario: