jueves, 10 de septiembre de 2009

Crema de Prátanos.

Os mellores prátanos do mundo
colleitanse en Canarias
por iso os españois
comemos poucas bananas.

Ingredientes:
3 Prátanos, 1/2 l de leite, 2 ovos, 2 culleradas de fariña de millo refinada,4 culleradas de azucre, 1 ramiña de vainilla, uns amorodos.
Elaboración:
Nun bol bótanse as xemas dos ovos con un chorriño de leite fría, engadindo 2 culleradas de azucre e a fariña de millo diluida, bátese todo nunha batedora ata desfacelo ben. O restante do leite ponse nun recipiente a ferver coa vainilla. Antes de que ferva engádaselle a mezcla das xemas, pouco a pouco siguese quentando a lume lento sin parar de remexer. Engadirlle 2 pratanos ben desfeitos e seguir remexendo a lume lento durante 5 minutos máis ata que quede todo desfeito e ben espeso. Despois sirvese nunha fonte a crema, e decórase con 1 ou 2 prátanos en rodaxas finas e uns amorodos e con 2 claras de ovo deixándoas a punto de neve con 2 culleradasde azucre decorando como nubes brancas por riba do pastel, e listo para comer. Bo proveito

No hay comentarios:

Publicar un comentario