viernes, 11 de junio de 2010

Merluza en sidra.

Temos que coidar os mares,
Que nos dan moita fartura,
Como esta merluza galega,Que nos garatiza, calidade e frescura.

Ingredientes: 4 rodaxas gordas de merluza, zume de limón, 1/4 l de sidra, 1 cebola, 1 ovo, 1 ramiña de pirixel, 1 cullerada de améndoas reladas, 1 cullerada de coñac, 12 mexillóns, Sal, Pementa, unha pizquiña de azucre.

Elaboración:
Lávanse as rodaxas de merluza. Úntanse con zume de limón e colócanse nunha pota a vapor, bótase a sidra engadíndolle a sal e as cebolas cortada en aros. Tapamos e deixamos cocer a lume lento durante 10-15.minutos, aproximadamente. Cando estean, retiramos as rodaxas de merluza poñéndoas nun recipiente coidando que non enfríen. Por outra banda pásase a sidra de cocer a merluza por un coador, bótase nun recipiente a lume normal e deixase que merme un pouco. Bátese o ovo e mestúrase co pirixel picado moi miudiño, coas améndoas reladas e unha cullerada de coñac. Engádese todo na sidra revolvendo sen parar deixase espesar un pouco. Nesta salsa se poñen a quentar os mexillons cocidos sen a cáscara, e mírase de sal. As rodaxas de merluza sírvense cubríndoas coa salsa dos mexillons. A cremosa salsa da sidra donde vai a merluza pode ir acompañada con puré de pataca. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario