viernes, 26 de diciembre de 2008

xarrete de terneira galega

Ingredientes: 2 kg de xarrete de terneira, 750 g de patacas pequenas, medio kilo de ceboliñas pequenas, medio litro de viño branco, 1 cabeza de allo, medio litro de aceite, unha cullerada de fariña, 1 sobre de azafrán e sal.

Como se fai: pomos en adubo o xarrete co allo machacado, o viño branco, o sal e o azafrán, e deixámolo repousare entre 8 e 10 horas. Transcurrido ese tempo, pomos unha tixola con aceite no lume e así que estea ben quente, imos dourando o xarrete e botando nunha pota. No mesmo aceite pomos as ceboliñas limpas e enteiras. Cando estean douradas engadimos a fariña e sen o deixar queimar, vertemos o adobo por riba e deixamos ferver a modiño, coidando que non quede seco de máis, se así fose, botarimoslle un chisco de consomé. Ao que estea medio feito, incorporaremos as patacas mondadas e enteiras. Enfórnase unha media hora máis ou menos e débese ornar acabando de facer. Que aproveite, este plato se se toma viño é aconsellable tomar viño tinto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario