jueves, 24 de diciembre de 2009

Cereixas flameadas con helado de vainilla.

As cereixas son larpeiras.
Por iso nos saben moito
E moi necesario comelas,
Polos seus hidratos de carbono.

Ingredientes para catro persoas: 750 grs de cereixas, 100 grs de azúcre, zume de 1 limón, 2 cl. de licor de cereixas ou coñac, 50 grs de améndoas peladas e picadas, 1 bloque de helado de vainilla.

Elaboración:
Fúndense lentamente ao mínimo o azucre e a manteiga, ata que se forme un caramelo lixeiramente dourado. Bótaselle o zume de limón e engándense as cereixas desosadas. Méstúrase todo ben, tápase e deixase repousar uns minutos. Logo levántase a tapa e flambéanse as cereixas co licor ou coñac (a chama apágase coa mesma tapa).
Cóllense catro copas e ponse en cada unha delas unha porción de xeado de vainilla. Póñense por riba as cereixas quentes e para finalizar as améndoas. Quedando listo para servir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario