jueves, 24 de diciembre de 2009

Mexillons o viño

O mellor mexillon do mundo.
E o mexillon Galego.
E arranxado o viño.
ai que sacarlle o sombreiro.


Igredientes (4 persoas):

2 kg de mexillons, 1 cebola, 1 manoxo composto de alloporros, apio, cenoura e pirixel, 1 folla de laureiro, 1/4 l de viño branco seco, 1/8 l de auga, 2 culleradas de fariña, 40 grs de manteiga, 1 xema de ovo, 2 culleradas de leite concentrado, Sal, Pementa, unha pizquiña de azucre, 1 cullerada de pirixel picado.

Elaboración:

Bótase a auga e o viño nun recipiente, engadíndolle o manoxo de verduras, limpio e troceado, facendo o mesmo coa cebola e loureiro. Colócanse os mexillons previamente ben lavados e raspados nun recipiente de coción, tapando o recipiente co testo, deixando guisar a lume mínimo ata que os mexillons se abran (tardarán aproximadamente 15 minutos). Retíranse do lume, sácanse os mexillons das cáscaras e se manteñen quentes. Pásase o caldo polo tamiz. Mentras tanto, derrétese a manteiga no recipiente e revólvese coa fariña engadíndolle pouco a pouco o caldo ben coado. Dáselle un fervor e  sazónase, según gusto, con sal, pementa e azúcre. Bátese a xema de ovo co leite concentrado para espesar a salsa, engadíndolle os mexillóns para que collan sabor. Decorando por riba con unhas folliñas de pirixel. Non se poñerá este prato a ferver novamente, sinon que se procurará mantelo ben quente.Quedando listo para servir en sopera, ou en recipiente, fondo. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario