lunes, 19 de mayo de 2008

Empanada galega de bacallao

Como naceu tan enxebre

levámola de feira en feira

honrando a nosa Galiza

a empanadiña galega.

Ingredientes:
Para a masa: 800 grs de fariña, 2 ovos, 30 grs de levadura, auga e sal.
Recheo : 800 grs. de bacallao desalado, 2 cebolas grandes, un pemento vermello, azafrán.
Elaboración:
Nun recipiente ou nunha superficie que sexa axeitada na cociña ,bótase a fariña, con unhas farelas de levadura ben xiscadas. Xúntase todo facéndolle un burato no medio. Engadir os ovos, amasando ata que quede un bloque de masa. Despois engadir auga con sal e seguir amasando ata facer unha masa fina, quedando en repouso ben tapadiña durante media hora.
Mentras faise a zaragallada (ou recheo). Para elo poñer un recipiente o lume con auga fervendo, e sumerxir o bacallao deixando ferver 2 minutos. Unha vez sacado esfarélase en cachos miudiños e faise o mesmo coas cebolas e o pemento. Ponse unha tixola a lume lento, con aceite de oliva, engadíndolle a cebola e o pimento. En cando estea a medio facer engadimos o bacallao remexendo a miudo, e próbase de sal por si non lle chega a que soltou o bacallao, botándolle tamen o azafrán.
A continuación, córtase a masa en 2 cachos e se estira unha delas e ponse como fondo da empanadera, que estará rociada con aceite normal ou si se quere co mesmo da zaragallada, estendéndoo con un pincel para que quede unha capiña moi fina para que a masa non se pegue, despois engadir a zagarallada, repartíndoa uniformemente. (Se se quere tamén se lle poden engadir uvas pasas). O outro cacho da masa estírase como a primeira, poñéndoa por riba como tapadeira, facéndolle un burato no medio de 3 cm de diametro. Por último métese o forno durante 25 o u 30 minutos a unha temperatura de 220 graos unha vez enfriada e cortada sírvese quente.
O meu dexeso e de que lles guste e lles faga moi bo proveito.

1 comentario:

  1. Estimada Edita,

    Muchas gracias por vuestras recetas y por ponerlas en Internet.

    La empanada me salio muy bien gracias a vuestras explicaciones tan sencillas y buenas. Mis amigos de Italia se han quedado encantados con la idea.

    Hoy la pongo de nuevo en practica con franceses, a ver que tal me sale!

    Mis mas sinceros animos para que continueis compartiendo vuestras experiencias culinarias.

    Abrazos desde Londres
    Begoña

    ResponderEliminar