viernes, 18 de julio de 2008

Coello de monte asado

A carne de coello é un manxar porque é carne branca, moi alta en proteinas e moi baixiña en graxa.

Ingredientes:
Un coello 1.000-1.200 grs, unha cebola de tamaño mormal, 8 ceboliñas pequenas, 300 grs. de chícharos, loureiro, pirixel, 4 dentes de allo, aurego en rama, viño branco, especias de carne surtidas, canela molida, aceite de oliva e sal.
Elaboración:
Lávase o coello deixando a escorrer e mentras faise o adobo. Nun recipiente bótase un vaso de aceite de oliva, engadindo un chorriño de viño do país, 4 follas de loureiro cortadas en cachos, 4 dentes de allo moi picadiño, pirixel tamen moi picadiño, aurego o máis esfrancullado posible, e sal, remexendo todo no recipiente. Córtase o coello en cachos e pásase un por un deixándoos ben enchoupadiños no adobo no mesmo recipiente durante 10 ou 12 horas.
Pasado ese tempo ponse unha tixola ao lume con bastante aceite e engádase a cebola grande partida en catro cachos, engadindo o coello e deixándoo ata que se doure por todo. A medida que se vai dourando sácase para un recipiente, engadindo tamén o aceite que queda na tixola ben coado,deixando que ferva e cando esté a medio facer tamen se lle engade as ceboliñas pequenas que xa estarán pranadas botándolle tamen as especias, a canela e mirase do sal. Deixase a lume lento ata que se vexa que esta a punto, próbase si esta asado e ten bo padal. Bótase nunha fonte e engádense os chícharos, que estarán cocidos en auga e sal, por riba do coello quedando listo para servir.Sabera como pa chuparse os dedos. Bo proveito.

1 comentario:

  1. Vaya, no conocía vuestro blog. Me parece estupendo!! Casualmente viví en el Ayto. de Teo durante 8 años, qué pena que no tuviese ocasión de conoceros personalmente.
    Yo tambien tengo un blog de recetas de cocina, de las cuales mas de la mitad son gallegas.
    Espero vuestra visita.
    Un abrazo

    ResponderEliminar