lunes, 10 de noviembre de 2008

Fritos de leite ou leite frita (da miña avoa)

Esta receita do leite frito xa a facía miña avoa cando eu era pequena moitas veces cando chegaba eu da escola dábamas despois de merendar. Teño moi bos recordos de cando era pequena. Un día dábame de merendar unha rebanada de pan untada con tona de leite fresco, outro día dábame chocolate, outro día con chourizo, con tortilla francesa, e íame cambiando de merenda cada día, . Recoñezo que me tiñan moi coidada. Son soa de irmáns e iso tamén influía un pouco. Bueno, un saudiño e que aproveite o leite frito.

Ingredientes: un litro de leite 10 culleradas de fariña, si é moi forte basta con 9, tres culleradas de manteiga, a tona dun limón, un pouco de canela, tres ovos, azucre e aceite,
Elaboración: no leite frío desfaise a fariña, bótaselle a tona de limón, un pouquiño de canela e a manteiga e deixase cocer uns quince minutos sin deixar de revolver pa que non se pege e non se queime e ao terminar de cocer bótaselle o azucre a gusto de cada quén. Logo que está cocido nunha fonte grande e plana e que este húmeda estendese para que enfríe, sacando a tona de limon. Cando estea frío córtase en cachos cadrados. Desprenderanse ben se está ben cocido. Logo bátense os ovos nun prato fondo e noutro prato ponse a fariña. Ponse uha tixola ao lume con aceite. Cóllense os trozos da leite frita e vanse emvolvendo na fariña e logo nos ovos e bótase na tixola e deixase fritir sen deixar queimar. Se vemos que se nos queiman baixarémoslle un pouco o lume e vanse sacando da tixola e póñense a escorrer nun papel de estraza. Botamos o azucre a gusto, e despois xa se pasan para unha fonte e a servir!

No hay comentarios:

Publicar un comentario