miércoles, 3 de septiembre de 2008

Tiramisú

O Tiramisú eu o considero
como postre dos millores,
polas suas cualidades
ten gusto a moitos sabores.


Ingredientes:
250grs de queixo mascarpone, 250ml de nata montada, 4 claras de ovos, 200 grs de azucre, 7 biscoitos soletilla, café, cacao en polvo amargo, café soluble, 3 culleradas de licor de amendoas(Italiano.)
Elaboración:
Nun prato póñense os biscoitos soletilla, emborráchanse de café deixándoos a repousar. Nun recipiente bótase o queixo engadindo o azucre, o licor de amendoa e a nata, remexendo ata que quede todo ben mesturado. Nun bol bótanse as claras de ovos e coa axuda da batidora deixanse a punto de neve, logo engadimos o revolto da pasta de queixo, remexendo todo xunto.

Cóllense unhas copas e con unha cullerada bótase unha capa de revolto, e por riba unha capa de biscoito en cachiños moi miudiños que estarán borrachos de café, despois outra de rebolto, repetindo así esta operación ata encher as copas, acabando sempre por riba con unha capa de rebolto.Para decorar espolvoréase cacao en polvo e café solubre.Ponse na nevera de 2 a 3 horas como mínimo para servilo frío, quedando listo para comer. Desexándolles bo proveito.

3 comentarios:

  1. E o primeiro comentario que poño, pero sigo moito o voso blog...Non sabedes canto aprendo e canto me solucionades.

    Graciñas por compartir conmigo tanta experiencia e sabiduría culinaria.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti por estar tan pendiente da nosa bitácora. Comentarios coma o teu anímannos moito a seguir poñendo receitas o máis ricas posible. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Con respecto a esta receita, teño unha dúbida que é a seguinte. ¿Non habería que empezar poñendo unha capa de biscoito na base, en vez de comezar con unha de crema?.Creo que así sería máis facil de servir
    Noraboa polo blog.

    ResponderEliminar