Despois de comer e beberpara boa dixestión
toma licor de freixoa
que non hai cousa mellor.
Por si non coñeceran de donde ven a freixoa direilles que a teño na
miña horta. É unha pranta moi decorativa de folla perenne moi similar a do olivo. Bota unha flor moi fermosa a últimos de primavera de cor vermello da cal saen as freixoas , moi destacadas polas súas vitaminas A, E e C, ademáis de ter moito iodo.
Esa e a froita da que hoxe falamos na seguinte receita.
Ingredientes: 1 litro de aguardente do país, 500 grs. de freixoa, 800
grs. de azucre, e canela en rama .Elaboración:
Botar nunha botella de boca ancha, 1 litro de aguardente do país, 500 grs. de freixoas planadas e cortadas en cachiños de xeito que caiba pola boca da botella, 800 grs. de azucre, e un anaquiño de canela en rama. Pechase a botella e ponse de xeito horizontal en repouso durante 3 meses, e cada 6 ou 7 dias dáselle media volta a modiño, sin sacala da posision en que está.
Se tendes paciencia para esperar, teredes a recompensa para degustar, pois é dun sabor exquisito.