Mostrando entradas con la etiqueta segundos platos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta segundos platos. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de junio de 2010

Merluza en sidra.

Temos que coidar os mares,
Que nos dan moita fartura,
Como esta merluza galega,Que nos garatiza, calidade e frescura.

Ingredientes: 4 rodaxas gordas de merluza, zume de limón, 1/4 l de sidra, 1 cebola, 1 ovo, 1 ramiña de pirixel, 1 cullerada de améndoas reladas, 1 cullerada de coñac, 12 mexillóns, Sal, Pementa, unha pizquiña de azucre.

Elaboración:
Lávanse as rodaxas de merluza. Úntanse con zume de limón e colócanse nunha pota a vapor, bótase a sidra engadíndolle a sal e as cebolas cortada en aros. Tapamos e deixamos cocer a lume lento durante 10-15.minutos, aproximadamente. Cando estean, retiramos as rodaxas de merluza poñéndoas nun recipiente coidando que non enfríen. Por outra banda pásase a sidra de cocer a merluza por un coador, bótase nun recipiente a lume normal e deixase que merme un pouco. Bátese o ovo e mestúrase co pirixel picado moi miudiño, coas améndoas reladas e unha cullerada de coñac. Engádese todo na sidra revolvendo sen parar deixase espesar un pouco. Nesta salsa se poñen a quentar os mexillons cocidos sen a cáscara, e mírase de sal. As rodaxas de merluza sírvense cubríndoas coa salsa dos mexillons. A cremosa salsa da sidra donde vai a merluza pode ir acompañada con puré de pataca. Bo proveito.

viernes, 3 de julio de 2009

Lubina con salsa de champiñones

Ingredientes: 2 lubinas de medio kilo, aceite, sal y pimienta para la salsa, 300 ml de caldo de pescado, 150 ml de nata líquida, 2 yemas, 4 cucharadas de champiñones.

Limpiar la lubina separar los lomos y colocarlos en la bandeja del horno sazonar y hornear a 200 grados durante 8 minutos. Poner en un cazo el caldo de pescado la nata líquida, las yemas y los champiñones. Dejar cocer sin dejar de revolver y sin dejar que hierva hasta que espese. Si vemos que los champiñones estan cocidos y la salsa no esta espesa se le agrega una cucharada de las de café de maicena disuelta en una poca agua fría para que no lleve grumos y se le agrega a la salsa. Se revuelve y se le echa por encima a la lubina y se sirve. Está muy buena!!

lunes, 8 de junio de 2009

Potaxe: Mexillóns con garabanzos.

Amósovos esta receita,
Mexillons con garabanzos,

E un potaxe sabedeiro,
E de coste sale barato.

Ingredientes: 500 grs de garabanzo, 3 kl de mexillóns, 2 tomates, 1 pemento vermello, 2 cenouras, 2 patacas, 2 porros, 1 cebola, 3 dentes de allo, aceite de oliva, azafrán, touciño de porco, enzuña de galiña, sal.

Elaboración:

Poñer os garabanzos a remollo durante a noite. Ao dia siguiente, ponse o lume un recipiente con auga, engadíndolle os garabanzos con un cachiño de touciño de porco e unha pouquiña enzuña de galiña ( que lle da moito agarimo aos garabanzos) deixando que fervan ata sua cocción (sen sal). En canto estean cocidos scanse para un coador deixándos a escorrer. Mentras cócense os mexillóns de seito (ao vapor), que estarán limpios e depurados, en cando empecen a abrirse sácanse para unha fonte con unha espumadeira, aproveitándolles a auga para unha cunca, e que sexa ben coada para que non lles queden cachos de conchas. En canto os mexillons estean fríos debúllanse e bótanse nunha fonte. Ponse ao lume un recipiente con auga (sen sal) engadíndolle as cenouras, porros e o pemento vermello cortados en cachos, as patacas e os tomates engadímolos enteiros en cando fervan de dous a tres minutos sácanse os tomates, sácaselle a pel e bótanse nun bol, deixando ferver o resto ata que se coza ben. En cando esté cocido tritúrase todo na batedora. Ponse un recipiente a lume lento con medio vaso de aceite engadíndolle a cebola e os allos moi picadiños, en canto se douren engadímoslle todo o pure das verduras coa metade da auga que soltaron os mexillons ata que quede unha salsa espesa, engadíndolle tamen ó azafrán e remexendo para que non se pegue, sen deixar de ferver, pasado cinco ou seis minutos engadímoslle os garabanzos botándolle o resto da auga dos mexillóns remexendo ata deixalo no seu punto. Mírase de sal por si non lle chegara o que ten a auga dos mexillons. Por último engadímoslle os mexillóns, colocandos por riba ben postiños, deixándoos ferver lentamente de 8 a 10 minutos. Quedando listo para servir en sopeira ou en fonte. Bo proveito.

martes, 28 de abril de 2009

Lentellas viuvas

As lentellas aportan ferro
E veñen ben para o organismo

Sen calcio, potasio, fósfero e ferro
Non se poderia seguir vivindo.

Ingredientes:
500 grs lentellas,1 vaso de aceite de oliva, 1 cebola, 6 dentes de allo, 6 culleradas de tomate frito, 100 grs. de graxa de galiña, agua, sal.


Elaboración:
Poñer as lentellas a remollo como mínimo catro horas. Despois ponse ao lume un recipiente con pouca auga, seis dentes de allo, sal, e graxa de galiña. En canto empece a ferver engadímoslle as lentellas deixándoas ferver a lume lento. Mentras ponse unha tixola ao lume para facer o rostrido, botándolle un vaso de aceite de oliva e engadíndolle unha cebola moi picadiña. En cando se douren sácase a tixola do lume é engadimos o rostrido no recipiente das lentellas, engadíndolle tamen seis culleradas de salsa de tomate frito. Reméxese a cada paso para que non se pegue. Se necesitara auga bótaselle un chorriño segundo a vaia necesitando e mírase de sal deixándoas a punto encando estean cocidas. Deben estar como cinco minutos en repouso. Quedando listas para servir. Bo proveito.

jueves, 26 de marzo de 2009

Arroz con bacalao


Hola!
éste plato que les voy a presentar se hacía mucho antiguamente en mi casa, pues antes el bacalao era más barato que ahora pues no habia pollos, sólo los de corral y se guardaban para las fiestas y para navidad y el arroz era un plato muy nutritivo y se hacía mucho. Yo les voy a dar la receta como se hacia en mi casa ya hace muchos años.

Se pone el bacalao a desalar como tres o cuatro trozos dos dias por lo menos dependiendo de lo gordo que sea éste. Bien desaladito se pone una olla al fuego con uno o dos litros de agua a hervir y se mete allí el bacalao cinco o seis minutos. Luego se quita para un plato y se desmenuza y el agua se guarda para el arroz (por eso el bacalao tiene que estar bien desalado) luego se pone una tartera al fuego con el agua de arroz y se mide tres partes de agua por una de arroz (un pocillo por persona) si no llega la del bacalao se le agrega una poca más y se pone a hervir y luego se pone una sartén al fuego con un poco de aceite y se rehoga el arroz y cuando este bien rehogado se echa en el agua hirviendo y se sazona de sal. Se deja cocer a fuego lento unos 15 minutos y en la misma sartén de reogar el arroz se pone aceite se pica una cebolla bien picadita y dos tomates bien maduros y se deja freir sin dejar quemar. Cuando el tomate esté Bien hecho se le agrega el bacalao y se rehoga con el tomate y la cebolla y se le agrega al arroz. Se revuelve y se deja unos minutos cocer con el arroz. Se sacude la tartera y se saca. Se deja reposar unos minutos y se sirve. Que aproveche.

viernes, 6 de marzo de 2009

Ervellas con ameixas

Con ervellas da miña horta
E ameixas de Galicia
Amósovos esta receita
Que é a miña preferida


Ingredientes:

1 kilo de ervellas verdes, 3/4 de ameixas, aceite de oliva, 5 dentes de allo, sal, pemento doce, azafrán ou colorante.

Elaboración:
Poñemos ao lume un recipiente coas ervellas verdes e engadimos unha pouquiña auga ( con que cubra as ervellas) se necisitara máis agua botaraselle segundo a consuma. Se as ervellas foran secas terían que estar a remollo durante varias horas. En canto fervan deixanse a lume lento e engadímoslle o sal.
Mentras se cocen, ponse unha tixola ao lume engadíndolle aceite de oliva e faise un bo sofrito engadindo 4 a 5 dentes de allo coa pel, en canto comecen a tostarse os allos sácase a tixola do lume deixando enfriar. Tíranse os dentes de allo e cando o aceite estea morno bótase o pemento doce ou azafrán e bótase por riba das ervellas que estarán case cocidas remexendo con unha culler de pao e engadíndolle as ameixas que estarán limpias e depuradas, que fervan durante 5 minutos aproximadamente, míranse de sal e quítanse do lume deixándoas a repousar como 10 minutos. Quedando listas para servir. Desexándolle moi bo proveito.

miércoles, 18 de febrero de 2009

Cocido do entroido


Greliños e patacas
Filloas e carne de porco
É o xantar mas apropiado
Nestas datas de entroido.


Estas datas vai moi ben o cocido porque é un plato de inverno. Polos seus ingredientes apórtanos moitas calorías e proteinas, aparte de ser moi apetitoso pola sua exquisitez. Por eso en toda Galicia séguese a tradición do cocido sobre todo nas festas do entroido. É un plato que pode levar moitas variedades de cousas como por exemplo garabanzos, carne de terneira e de porco, tamén pode levar touciño, costela ,panceta, pezuñas ou unto e todo lle queda ben e se é acompañado de filloas moito mellor para substituír o pan, anque as filloas amen se poñen como postre, por exenplo recheas de chocolate mel flan ou nata, e como postre que non falten as sabrosas orellas do entroido ,que tamen son moi recordadas nestas datas.

Ingredientes:
1k de lacón salgado de porco, 1k de peteiro salgado de porco, 4 chourizos de porco, 4 patacas enteiras, 2 mancheas de grelos, auga e sal.

Elaboración:
Ponse un recipiente ao lume con auga engadíndolle a carne que estará desalgada deixando que ferva duas horas aproximadamente. Mentras plnanse as patacas e limpanse os grelos lavándoos por duas ou tres augas. En canto a carne estea cocida sácase para unha fonte, engadindo na auga as patacas enteiras. En canto levanten fervura engadímoslle os grelos que estarán ben escoados e máis os chourizos e mírase de sal por se a carne non soltara o sal suficiente. Reméxense os grelos co a espumadeira para que fervan por todo.Unha vez que estean cocido engadímoslle a carne para que quenza. Logo bótanse os grelos nunha fonte e a carne en outra , quedando listo para servir así quentiño.

Bo proveito

jueves, 5 de febrero de 2009

Pescada en salsa verde.

Arranxada en salsa verde,
facéndoa con moito mimo,
é moitísimo o que sabe,
ésta pescada do pincho.

Ingredientes:
Unha pescada de 1/5 kg, 1 cenoura, 1 porro, 1 pataca, 1 vaso pequeno de aceite de oliva, 1 chorriño de viño blanco, 0 a 40 gr. de fariña, un pouquiño perixel, sal.
Elaboración:
Para o fumé: poñer ao lume un recipiente con unha pouquiña augua engadíndolle a pataca , a cenoura, o porro, sal e a cabeza da pescada deixándoa ferver de 15 a 20 minutos. Sácase todo para un bol menos a cabeza da pescada, e a auga que sexa coada para que non leve espiñas deixando parte dela no recipiente ata ver si fixera falta. Desfacendo todo na batedora.
Mentras ponse unha tixola ao lume con un pouo aceite de oliva e en canto esté quente sácase do lume. Cando enfríe bótaselle unha cullerada o u duas de fariña e un bo chorriño de viño branco do país e bastante perixel cortado moi miodiño e ponse a lume lento remexendo diariamente durante 3 o u 4 m. Collemos un recipiente, (pode ser unha tarteira de barro) e engadímoslle toda a salsa da tixola e tamén a da batedora remexendo ata que quede todo moi mesturado e ponse a lume forte. Se estuvera moi espeso engadímoslle un chorriño da auga sobrante (que sexa coada) remexendo todo autra vez. En cando ferva engadímolle a pescada que estará limpa e cortada en rodaxas con sal. Se a salsa estuvera pouco espesa pasariamos a pescada por fariña para que espesara a salsa. Mírase de sal, dáselle a volta deixandoa a lume lento durante 3 ou 4 minutos. Logo arredase do lume e deixase en repouso durante 2 a 3 minutos, quedando lita para servir.
Bo proveito.



jueves, 29 de enero de 2009

Callos a la gallega

Este plato es más bien de invierno aunque se suele tomar en verano también. Es un plato muy nutritivo se compra en los grandes supermercados y en las plazas de abastos.Yo lo suelo comprar en la plaza de Santiago de Compostela pues me queda muy cerca y allí se compra muy bien. Ahora ya vienen muy limpios, casi no hay nada que limpiar. Éste plato ya se hacía en mi casa hace muchísimos años. Ahora ya tenemos suerte que ya te los pican y los traes preparados.
De ingredientes hacen falta:
medio vientre de ternera cortado en trocitos dos patas de ternera tambien cortadas en trozos, un trozo de tocino de cerdo, un vaso de aceite, tambien se puede echar una manita de cerdo cortadita en trozos, una cebolla grande, cuatro dientes de ajo, dos cucharadas soperas de pimentón dulce, una cucharada sopera de especias de callos, un kilo de garbanzos de buena calidad, una cáscara de limón, una cucharada de las de café de pimiento picante, dos sobres de azafrán, colorante, sal y agua.
Elaboracion:
en la vispera se lava bien el vientre y tambien las patas, se ponen en un recipiente y se rocían de limón. Los garbanzos tambien se dejan en agua con una cucharada de sal y por la mañana se coje una olla más bien alta que baja, se coge la carne y se pasa por agua y se echa en la olla. Encima se echan los garbanzos, luego la cebolla limpia y entera, los ajos picados, el pimentón, las especias y una cucharada de sal (si despues tiene poca se le echa más) y luego se cubre de agua que no cubra mucho se pone al fuego fuerte. Al hervir se le va sacando la espuma que suelta con un colador y con una espumadera se revuelven un poco. Se deja a fuego fuerte como 15 minutos luego se baja el fuego un poco y se deja cocer 2 horas y media. Si es de buena calidad deviera estar cocido. Se prueba y si hace falta más sal se le echa y se dejan reposar un poco. Se le quita el tocino y la cebolla y luego se sirve. Si esta bien cocidito está muy bueno. Que aproveche.

viernes, 9 de enero de 2009

Xiba na sua tinta


A xiba non ten espiñas
porque é cefalópodo
a cambio Deus deulle unha cuncha
para cargar con ela ao lombo.




Ingredientes:
2 kilos de xiba limpa (tamén chamada chopo ou choco), 1 cebola grande, 1 vaso de aceite de oliva, sal, 200 g de arroz.
Elaboración:
Poñemos un recipiente a lume lento engadindo o aceite, a cebola moi triturada e a xiba que estará limpa sen a pel, cortada en cachos e sal, deixándoa ferver lentamente de 30 a 35 minutos, segundo o grosor da xiba. Mírase de sal e engadímoslle a tinta. Remésexe para que se estenda por todo deixándoa ferver ata a sua coción. Sácase para unha fonte e decórase con arroz cocido en blanco.Desexándolle moi bo proveito.

viernes, 26 de diciembre de 2008

xarrete de terneira galega

Ingredientes: 2 kg de xarrete de terneira, 750 g de patacas pequenas, medio kilo de ceboliñas pequenas, medio litro de viño branco, 1 cabeza de allo, medio litro de aceite, unha cullerada de fariña, 1 sobre de azafrán e sal.

Como se fai: pomos en adubo o xarrete co allo machacado, o viño branco, o sal e o azafrán, e deixámolo repousare entre 8 e 10 horas. Transcurrido ese tempo, pomos unha tixola con aceite no lume e así que estea ben quente, imos dourando o xarrete e botando nunha pota. No mesmo aceite pomos as ceboliñas limpas e enteiras. Cando estean douradas engadimos a fariña e sen o deixar queimar, vertemos o adobo por riba e deixamos ferver a modiño, coidando que non quede seco de máis, se así fose, botarimoslle un chisco de consomé. Ao que estea medio feito, incorporaremos as patacas mondadas e enteiras. Enfórnase unha media hora máis ou menos e débese ornar acabando de facer. Que aproveite, este plato se se toma viño é aconsellable tomar viño tinto.

viernes, 5 de diciembre de 2008

Cordero al horno

ingredientes para 2 kilos de cordero lechal: 5 dientes de ajos picaditos, perejil, oregano, un vaso de aceite, medio vaso de vino blanco, medio vaso de coñac y sal.
Elaboración: en un bol se mezcla todo, luego se tiene el cordero cortado en trozos. Si es una pierna se puede hacer entera, se le echa el adobo y se frota bien y se deja 8 horas en el adobo. Luego se pone una sartén al fuego y se le quita el adobo bien para que no se queme y se va dorando y se va pasando para una tartera de horno. Luego se echa el adobo en la sartén y se pocha un poco y a continuación se cuela por un colador y se echa la salsa por encima al cordero. Se le pone dos hojas de laurel una cebolla cortada a la mitad. Si vemos que tiene poco líquido le echamos un poco de caldo que tendremos hecho y lo metemos al horno fuerte. Se va mirando de vez en cuando y cuando se pinche bien es que lla esta asado. Se sirve con patatas o bien asadas con el cordero o fritas en cuadritos y que aproveche.

miércoles, 29 de octubre de 2008

Caldo gallego. Como lo hacía mi abuela

hola!
Esta receta que voy a dar es tal cual como mi abuela nos hacía el caldo cuando yo era pequeña y de eso ya hace mucho tiempo. Nos lo hacía una vez a la semana y cuando el caldo estaba hecho y nos sentábamos a la mesa nos echaba la verdura, las patatas enteras y la carne y luego al terminar nos echaba una taza de caldo (a quien lo quisiera). Ahora la manera de comer cambio mucho, ahora el caldo se toma antes pero en nuestra casa nos lo hacía comer despues de la comida. Mi abuela se llamaba Consuelo Sánchez, era de Teo y era una señora muy seria y muy correcta. Me enseñó muchísimas cosas aparte de hacer de comer, me enseñó modales y educación, era una señora muy limpia. Desde pequeña me enseñó a comer con la boca cerrada y a no hacer ruído con la boca al comer, limpiarse antes de beber... y yo se lo aplique a mis hijas y ellas se lo estan enseñando a sus hijos, es una costumbre que cuando eres mayor te das cuenta de esas cosas. Bueno un saludo y que aproveche el caldo.

Elaboración:
poner una olla alta al fuego y en frío se le pone un poquito de unto y una taza de habas blancas y un trozo de costilla, un trozo de cabeza, un trozo de jamón, y un poquito de panceta, esta carne será saladada y puesta a desalar previamente desde el dia anterior y se deja hervir durante 2 horas. Si la carne está cocida antes se quita para otra olla y se deja seguir hirviendo las dos horas, siempre a fuego lento porque si el fuego está fuerte nos mermaría mucho el agua. Luego con un colador se le quitan todas las impurezas que pudiera dejar la carne y el unto, y se le echa una fuente de patatas picadas y dos grandecitas por persona, una cabeza de repollo y un manojo de grelos. Se deja cocer bien cocidito y se deja reposar un poco y ya está para servir, tambien se le puede echar gallina, carne de ternera, chorizos pero esto ya sería un cocido que tambien esta buenísimo, todo lo de nuestra Galicia esta buenísimo. Que aproveche.

jueves, 2 de octubre de 2008

Polo caseiro ao forno, a xeito de labrador

Sempre polas mañanciñas cedo
escoitaba o teu cantar
agora bótote de menos
ao non poderte escoitar.


Ingredientes:
Un polo caseiro de 3 a 4 kilos, unha cebola, 8 dentes de allo, pirixel, aceite de oliva, viño branco do país, salsa de tomate, un pemento vermello, 2 culleradas de manteiga de porco galego, 300 grs de chícharos, 1 kilo de pataquiñas pequenas e sal.

Elaboración:
Nunha cunca bótanse 8 dentes de allo en cachiños miudiños, sal, un chorriño de viño, un chorro grande de aceite, e bastante pirixel moi picadiño, todo ben remexido. Ponse nun recipiente un polo grande caseiro partido ao medio coa pel para abaixo para que non se derrame o adobo (que será o da cunca). Rocíase con el o polo, partido en dous cachos, e deixandoo en adobo como mínimo 4 horas.
Pasado ese tempo cóllese unha tarteira de barro e bótaselle un vaso de aceite engadido a cebola en cachiños miudiños, a salsa de tomate e os dus medios cachos de polo na mesma postura en que estan para que non perdan o adobo. Engádeselle tamén o adobo que quede no recipiente botándollo por riba ao polo. Ponse a tarteira ao forno a 200 g. de temperatura durante 1 hora. Pasado ese tempo sácase do forno e vírase o polo quedando coa pel para arriba. Engadímoslle as pataquiñas e o pemento vermello cortado en cachos e engadimos tamén a manteiga de porco rociándoa pola pel do polo. Mírase de sal e si lle fixera falta botaríaselle sempre por riba das patacas, volvemos a poñer outra vez a tarteira ao forno durante casi 1 hora. Ollándoa para que non se queime. Unha vez xa feito sácase do forno e engádenselle os chícharos polo medio da carne, (que estarán previamente cocidos en auga e sal, deixándoos a repousarde 5 a 6 minutos)quedando listo para servir na mesma tarteira. Que lles faga bo proveito.

viernes, 19 de septiembre de 2008

Albóndigas de carne

Voy a añadir una nueva receta que hace más de 50 años recorté de una revista mexicana y que nos gustó tanto a toda la familia, que siempre que hago albóndigas recurro a ésta. La voy a copiar tal cual pone en la revista.
"Compren 400 gramos de carne de res molida y 100 igualmente molida de carne de puerco. En un plato hondo pongan la carne y agréguenle sal, pimienta, un huevo entero, cebolla picadita y un poquito de jugo de tomate. Amase bien con los dedos y añadan pan molido en la cantidad suficiente para que la mezcla quede seca, pero jugosa al mismo tiempo.
Entonces con la mano vayan haciendo pequeñas bolas con la carne ya preparada, todas del mismo tamaño. Pásenlas por harina y vuelvan a redondearlas, siempre con la mano. Pongan a calentar aceite en una sartén y cuando esté en su punto vayan friéndolas removiendo de vez en cuando para que queden hechas todas por igual, pero no se dejen dorar demasiado. Entonces según van estando hechas, échense en una cazuela (el barro también para ésto será magnífico) y cuando ya estén todas retiren el aceite y dejen sólo un poco en la sartén y en ese frían un poco de cebolla, un pequeño diente de ajo bien picado y un tomate grueso rojo.
Cuando ya va estando todo cocido, agreguese una cuchada de harina, un poco de perijil desmenuzado y la punta del cuchijllo de pimentón y después de mezclarlo bien agreguen agua para que hierva todo perfectamente. Si son afectos al chile pueden ponerle también en ese preparado. Después se cuela todo y se vierte el líquido sobre las albóndigas, cuidando que queden bien cubiertas de caldo. Ya en ese punto déjenlas cocer a fuego lento bastante tiempo hasta que se cuezan y la salsa quede bien trabada. Si en algún momento ven que necesitan más agua no vacilen en agregar un poco, siempre que despues tengan tiempo de dejar que la salsa quede bien en su punto, que como les digo no es aguada, sino ligeramente cremosa".

viernes, 5 de septiembre de 2008

FIDEUADA (ao estilo catalán)

Arranxado con ameixas de Carril
mexillóns da roca e xibia negra,
e moitísimo o que sabe a fideuada,
nesta nosa Galiza meiga.


Ingredientes:
1 kilo de fideo groso, 1/2 kilo de xibia negra, 1/2 kilo de ameixas de Carril, 1 kilo de mexillóns, 1 cebola, 6 culleradas de tomate frito, medio vaso de aceite de oliva, auga e sal.

Elaboración:
Lavar ben as ameixas, os mexilóns e a xibia, sacándolle a pel a esta última e cortándoa en cachos pequenos. Tritúrase a cebola coa axuda da batedora e bótase nun recipiente. Engádese o aceite, a xibia e o sal. Ponse a lume lento para que se refaga pouco a pouco. Pasados 10 minutos engádaselle a salsa de tomate e remésexe para que non se pegue durante 5 mínutos máis. Pasado ese tempo engadimos un caldo de pescado ou auga, (sempre o dobre de líquido que de pasta). En canto empece a ferver engadimos o fideo que sera gordo, (por exemplo Nº4.) e que ferva durante 6 minutos. Reméxese e mírase de sal. Sen deixar de ferver engadímoslle as ameixas e os mexillóns, deixándoos ferver durante 4 minutos máis. Pasado ese tempo sácase do lume deixando en repouso 10 minutos. Quedando listo para servir. Bo proveito.

jueves, 14 de agosto de 2008

Macarróns a Catalana

Ai que comer macarróns
porque é comida san,
arranxeilles esta receita
ao estilo Catalán.


Ingredientes:
500grs. de macarrons, 400grs de carne magra de porco, unha cebola grandes salsa de tomate frito, pimenta negra, aceite e sal.

Elaboración:
Cocer os macarróns con auga e sal durante 10 a 12 minutos. Sácanse deixándoos escorrer, rocíanse con aceite de oliva. Nun recipiente bótase 4 culleradas de aceite de oliva aproximadamente, ponse a lume lento engadindo a cebola cortada moi miudiña ou pasase pola batidora e engadímoslle a carne que xa estará cortada tamén en cachiños pequenos,unha pouquiña pimenta negra e sal, remexendo con unha culler de pao engadindo de 5 a 6 culleradas de salsa de tomate e sal remexendo a diario sin parar engadíndolle tamen 1/2 vaso de leite, sin deixar de remexer, ata que a carne se frita, mírase de sal en canto a carne este a punto engadímoslle os macarróns que estarán cocidos e fríos remexendo durante uns minutos ata que se mesture todo. Sácanse para unha fonte e listos para servir. Que lles faga moi bo proveito.

viernes, 18 de julio de 2008

Coello de monte asado

A carne de coello é un manxar porque é carne branca, moi alta en proteinas e moi baixiña en graxa.

Ingredientes:
Un coello 1.000-1.200 grs, unha cebola de tamaño mormal, 8 ceboliñas pequenas, 300 grs. de chícharos, loureiro, pirixel, 4 dentes de allo, aurego en rama, viño branco, especias de carne surtidas, canela molida, aceite de oliva e sal.
Elaboración:
Lávase o coello deixando a escorrer e mentras faise o adobo. Nun recipiente bótase un vaso de aceite de oliva, engadindo un chorriño de viño do país, 4 follas de loureiro cortadas en cachos, 4 dentes de allo moi picadiño, pirixel tamen moi picadiño, aurego o máis esfrancullado posible, e sal, remexendo todo no recipiente. Córtase o coello en cachos e pásase un por un deixándoos ben enchoupadiños no adobo no mesmo recipiente durante 10 ou 12 horas.
Pasado ese tempo ponse unha tixola ao lume con bastante aceite e engádase a cebola grande partida en catro cachos, engadindo o coello e deixándoo ata que se doure por todo. A medida que se vai dourando sácase para un recipiente, engadindo tamén o aceite que queda na tixola ben coado,deixando que ferva e cando esté a medio facer tamen se lle engade as ceboliñas pequenas que xa estarán pranadas botándolle tamen as especias, a canela e mirase do sal. Deixase a lume lento ata que se vexa que esta a punto, próbase si esta asado e ten bo padal. Bótase nunha fonte e engádense os chícharos, que estarán cocidos en auga e sal, por riba do coello quedando listo para servir.Sabera como pa chuparse os dedos. Bo proveito.

miércoles, 2 de julio de 2008

Callos á galega

Esta receita dedicámoslla a Raquel

Das pezuñas e do bucho
fanse os calliños galegos
mesturados con chourizos e garabanzos
están que se lles chupan os dedos.

Igredientes:
Medio ventre de pucha galega, 1 kilo de garabanzos, 2 chourizos, 1 cebola, 1 cabeza de allos, aceite de oliva, un cacho de touciño, sal, pimento dulce, e especias de callos.

Elaboración:
Ter un recipiente con auga fría e botar os garabanzos a remollo durante 10 horas con auga sobrante para que non queden secos en canto inchen. Pasado ese tempo ponse un recipiente con auga ao lume e bótanse os garabanzos engadindo o touciño e sal e que fervan ata que se cozan. Unha vez cocidos sácanse do lume deixándoos ao calor e quítaselle o touciño para un prato. Ó mesmo tempo, noutro recipiente tense auga moi quente e alí engádese o bucho e as pezuñas para escaldalas durante 5 minutos. Despois sácanse para unha fonte a enfriar, córtase o bucho en cachiños, e lávase en 2 ou 3 augas mornas. Mentras, ponse ao lume un recipiente con auga engadindo o bucho, as pezuñas e o sal engadindo tamén a cebola planada sen partila e a cabeza de allos limpa engádese enteira sen espelicar quedando todo a ferver. A auga chégalle con que cubra a carne remexendo de cando en vez sen que ferban forte ata que se cozan, unha vez cocidos sácase a cebola e máis a cabeza de allos e bótanselle os chourizos cortados en rodaxas e mais as especias de callos. Aos garabanzos escórreselle a auga, e bótanse tamén no recipiente da carne como os chourizos. Ponse unha tixola o lume con moito aceite engadindo 3 dentes de allo coa pel e cando o aceite estea quente sácase do lume e déixase enfriar un pouco sacando os allos. Cando o aceite estea morniño engádaselle bastante pimento dulce e bótase no recipiente. Reméxese coa espumadeira ata que quede todo moi uniformado mirando das especias e de sal ata deixalo ao gusto de cada. TRUCO: si a salsa está demasiado líquida podese botar nunha cunca unha pouquiña auga con fariña ou maizena ben remexida e bótase no recipiente dos callos remexendo ata que a salsa quede mais espesa. Déixanse en repouso de 10 a 20 minutos quedando xa listos para sevir. Son dun padal exquisito. Que lles faga bo proveito.

viernes, 20 de junio de 2008

Año estufado con patacas e chícharos

Ai que carne de cordeiro
tan saborosa e xugosiña

iso foi porque paceron
na nosa terra meiguiña

Ingredientes:
3 Kilos de año, 2 Kilos de patacas, 300 grs. de chícharos, 1/2 l de

aceite de oliva, unha cebola, especias de carne surtidas, canela molida, azafrán, viño branco, 6 dentes de allo, pirixel, un pemento vermello, ourego, e sal.

Elaboracion:
Para o adobo ponse nun recipiente aproximadamente un vaso de aceite de oliva, sal, 6 dentes de allo picados, un sobre de azafrán, pirixel picado, un pouquiño de aurego ben espallado, e un chorriño de viño branco. Córtase a carne en cachos de 200 grs. aproximadamente, e cacho a cacho vaise remexendo no adobo ata que quede ben enchoupado deixándoos despois no mesmo recipiente de xeito ben colocados. Tápase o recipiente quedando en adobo durante 12 ou 15 horas.
Pasado ese tempo, ponse unha tixola ao lume con 1/2 litro de aceite de oliva, engadindo a cebola partida en catro cachos, e engádese tamén a carne, deixándoa dourar por todo. Según se vai dourando vaise botando noutro recipiente (e tamén se engade o aceite sobrante encima da carne ven coado), poñendo ao lume durante 2 horas, dependendo da calidade de carne, sen moito lume pero fervendo seguido. O aceite debe cubrir casi a carne. Se non chegara a cubrila ponse unha tixola ao lume con aceite de oliva engadíndolle un dente de allo coa pel, e cando estea quente engádese por riba da carne. TRUCO: nunca botar o aceite frío!.
Remexer a carne a cada paso e cando empece a mermar engadirlle as especias e canela en moi pouquiña cantidade. Mírase de sal e vaise probando ata que quede de bo padal. Unha vez xa feita sácase do lume deixándoa no mesmo recipiente. Sácaselle algunha salsa deixándolle só unha pouquiña. A que quitamos bótase nun recipiente a ferver coas patacas e engadindo o azafrán e míranse de sal. Mentras, noutro recipiente bótase unha pouca de auga e sal para cocer os chícharos. Unha vez todo xa feito sácase para nunha fonte, e listo para servir.
A carne vaise poñendo todo arrededor da fonte e no medio as patacas, e os chícharos por riba, un pemento vermello cortado en cachos largos poñendo un cacho encima de cada cacho de carne que o fara moi decorativo. Esperando que lles guste. Bo proveito.