facéndoa con moito mimo,
é moitísimo o que sabe,
ésta pescada do pincho.
Ingredientes:
Unha pescada de 1/5 kg, 1 cenoura, 1 porro, 1 pataca, 1 vaso pequeno de aceite de oliva, 1 chorriño de viño blanco, 0 a 40 gr. de fariña, un pouquiño perixel, sal.
Elaboración:
Para o fumé: poñer ao lume un recipiente con unha pouquiña augua engadíndolle a pataca , a cenoura, o porro, sal e a cabeza da pescada deixándoa ferver de 15 a 20 minutos. Sácase todo para un bol menos a cabeza da pescada, e a auga que sexa coada para que non leve espiñas deixando parte dela no recipiente ata ver si fixera falta. Desfacendo todo na batedora.
Mentras ponse unha tixola ao lume con un pouo aceite de oliva e en canto esté quente sácase do lume. Cando enfríe bótaselle unha cullerada o u duas de fariña e un bo chorriño de viño branco do país e bastante perixel cortado moi miodiño e ponse a lume lento remexendo diariamente durante 3 o u 4 m. Collemos un recipiente, (pode ser unha tarteira de barro) e engadímoslle toda a salsa da tixola e tamén a da batedora remexendo ata que quede todo moi mesturado e ponse a lume forte. Se estuvera moi espeso engadímoslle un chorriño da auga sobrante (que sexa coada) remexendo todo autra vez. En cando ferva engadímolle a pescada que estará limpa e cortada en rodaxas con sal. Se a salsa estuvera pouco espesa pasariamos a pescada por fariña para que espesara a salsa. Mírase de sal, dáselle a volta deixandoa a lume lento durante 3 ou 4 minutos. Logo arredase do lume e deixase en repouso durante 2 a 3 minutos, quedando lita para servir.
Bo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario