martes, 28 de abril de 2009

Lentellas viuvas

As lentellas aportan ferro
E veñen ben para o organismo

Sen calcio, potasio, fósfero e ferro
Non se poderia seguir vivindo.

Ingredientes:
500 grs lentellas,1 vaso de aceite de oliva, 1 cebola, 6 dentes de allo, 6 culleradas de tomate frito, 100 grs. de graxa de galiña, agua, sal.


Elaboración:
Poñer as lentellas a remollo como mínimo catro horas. Despois ponse ao lume un recipiente con pouca auga, seis dentes de allo, sal, e graxa de galiña. En canto empece a ferver engadímoslle as lentellas deixándoas ferver a lume lento. Mentras ponse unha tixola ao lume para facer o rostrido, botándolle un vaso de aceite de oliva e engadíndolle unha cebola moi picadiña. En cando se douren sácase a tixola do lume é engadimos o rostrido no recipiente das lentellas, engadíndolle tamen seis culleradas de salsa de tomate frito. Reméxese a cada paso para que non se pegue. Se necesitara auga bótaselle un chorriño segundo a vaia necesitando e mírase de sal deixándoas a punto encando estean cocidas. Deben estar como cinco minutos en repouso. Quedando listas para servir. Bo proveito.

lunes, 20 de abril de 2009

Fresas ao viño

As fresas saben moito
E arranxadiñas ao viño
Ben fresquiñas da neveira
Fan un postre exquisito.

Ingredientes: 1 kg de fresas, 1 copa de viño branco da casa, 4 a 5 culleradas de azucre.
Elaboración:
Nunha fonte fonda bótanse as fresas cortándoas en cachiños pequenos, despois de lavadas e escoadas, engadímoslle medio vaso de viño branco da casa, catro ou cinco culleradas de azucre,e remexemos para que se mesture todo. Ponse na neveira a enfriar, quedando listo para servir fresquiño, en copa ou en prato. Bo proveito.