lunes, 20 de abril de 2009

Fresas ao viño

As fresas saben moito
E arranxadiñas ao viño
Ben fresquiñas da neveira
Fan un postre exquisito.

Ingredientes: 1 kg de fresas, 1 copa de viño branco da casa, 4 a 5 culleradas de azucre.
Elaboración:
Nunha fonte fonda bótanse as fresas cortándoas en cachiños pequenos, despois de lavadas e escoadas, engadímoslle medio vaso de viño branco da casa, catro ou cinco culleradas de azucre,e remexemos para que se mesture todo. Ponse na neveira a enfriar, quedando listo para servir fresquiño, en copa ou en prato. Bo proveito.

2 comentarios:

  1. Agora que estamos na temporada, hai que mercar moitas fresas porque é das frutas máis sanas. Entre as súas propiedades están por exemplo que son moi ricas en vitamina c, moi ricas en antioxidantes, que axudan loitar contra os radicais libres que provocan o avellentamento, anticanceríxena e a axudan a diminuir o colesterol. Ademáis as infusións das súas follas tamén teñen propiedades antirreumáticas, diuréticas e antiinflamatorias. Así que a comer moitas fresas!

    ResponderEliminar
  2. Hmm, que boa pinta!!!
    Apetécenme unhas fresiñas

    ResponderEliminar