domingo, 29 de marzo de 2009

Xurelos ao forno


Os xurelos saben moito.
Sexas grande ou pequeniño.

Pois en todos os fogares.
Se saborean moitísimo.


Ingredientes: 3 xurelos grandes, 8 dentes de allo, 1 copa de aceite de oliva, 1 ramiña de perixel, viño blanco do país, sal.

Elaboración:
Lavar ben os xurelos,fendéndoos ao largo, unha vez fendidos bótaselle o sal necesario. Cóllese un recipiente cadrado, bótaselle como medio vaso de aceite de oliva engadíndolle os xurelos quedando coa pel para abaixo, engadímoslle os dentes de allo por todo moi picadiños mesturado co perixel e por ultimo engadímoslle un chorriño de viño rociando tamén por todo. Ponse ao forno a 180 graos durante 20 a 30 minutos. Sácanse do forno, quedando listo para servir así quentiños no mesmo recipiente. Bo proveito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario