viernes, 6 de marzo de 2009

Ervellas con ameixas

Con ervellas da miña horta
E ameixas de Galicia
Amósovos esta receita
Que é a miña preferida


Ingredientes:

1 kilo de ervellas verdes, 3/4 de ameixas, aceite de oliva, 5 dentes de allo, sal, pemento doce, azafrán ou colorante.

Elaboración:
Poñemos ao lume un recipiente coas ervellas verdes e engadimos unha pouquiña auga ( con que cubra as ervellas) se necisitara máis agua botaraselle segundo a consuma. Se as ervellas foran secas terían que estar a remollo durante varias horas. En canto fervan deixanse a lume lento e engadímoslle o sal.
Mentras se cocen, ponse unha tixola ao lume engadíndolle aceite de oliva e faise un bo sofrito engadindo 4 a 5 dentes de allo coa pel, en canto comecen a tostarse os allos sácase a tixola do lume deixando enfriar. Tíranse os dentes de allo e cando o aceite estea morno bótase o pemento doce ou azafrán e bótase por riba das ervellas que estarán case cocidas remexendo con unha culler de pao e engadíndolle as ameixas que estarán limpias e depuradas, que fervan durante 5 minutos aproximadamente, míranse de sal e quítanse do lume deixándoas a repousar como 10 minutos. Quedando listas para servir. Desexándolle moi bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario