martes, 10 de marzo de 2009

Vieiras a galega

Que vieiras sabedeiras
das nosas rías galegas
pois por moito que se busquen
non se encontran coma elas.


Igredientes:
12 vieiras galegas, 300grs de beicon, 2 cebolas, aceite de oliva, pirixel, pan relado, pemento doce e sal.

Elaboración:
12 vieiras ben lavadiñas e mentras escorren córtase o beicon en cachiños moi miudiños en cadrados de tamaño dunha lentella e faise o mesmo coa cebola. Ponse unha tixola ao lume con suficiente aceite de oliva engadindo a cebola e o beicon e remexendo para que non se queime. Mírase de sal por si non lle chega o que solta o beicon e unha vez xa frito deixase enfriar un pouco e bótaselle o pemento doce e un pouquiño de azafrán e máis o perixel moi picadiño remexendo por todo. Póñense as vieiras nun recipiente botándolle un casi nada de sal, e con unha culler baiselle botando a zaragallada .Finalmente botamos un pouco de pan relado e un pouco de perixel picadiño por riba poñéndoas ao forno a unha temperatura de 190grs durante 10 a 15 minutos olleándoas a cada paso para que non se queimen, espero que lles guste son de un padal exquisito. Bo proveito.

1 comentario:

  1. Todas as vosas receitas teñen moi boa pinta, gracias por compartilas con todos.

    ResponderEliminar