As ameixas de Carril
famosas no mundo enteiro
e feitas a mariñeira
hai que sacarlle o sombreiro.
Ingredientes:
Un kilo de ameixa babosa de Carril, unha cebola pequena, viño branco do país, aceite de oliva, perixel, pan relado, sal e azafrán.
Elaboración:Nun recipiente bótase o aceite de oliva e mais a cebola picada o máis miudiña posible a lume lento. Cando a cebola estea a punto de dourarse engadir un chorriño de viño branco do país, perexil e azafrán, engadíndolle as ameixas limpas e depuradas. Tápase o recipiente,
(TRUCO: no momento en que as ameixas comencen abrirse réganse con algo menos de medio vaso de agua fría para que non mirren). En canto comecen a ferver de novo reméxense e míranse de sal. Por outra banda quítase unha pouquiña salsa para unha cunca ou algo similar, engadíndolle na cunca de 2 a 3 culleradas de pan relado, remexendo ata que quede unha pasta. Túmbase o recipiente que está ao lume contra un lado e engádeselle o contido da cunca. Cólles

e o recipiente polas asas e movese en son de peneira (mover dun lado a outro) ata que a salsa quede uniformada totalmente. Déixanse a lume lento, removéndoas a cada paso co mesmo recipiente, collendo polas asas, e vólvese a mirar de sal.
(É importante agora non remexer directamente con ningún utensilio para que as ameixas non se separen das cunchas). Mover o recipiente ata que a salsa estéa a punto, (deixándoa máis líquida ou máis espesa, dependendo do gusto) Deixanse repousar uns minutos e xa están listas para servir.
Bo proveito!