jueves, 28 de agosto de 2008

Batido de macedonia.

Ben fresquiño da neveira
fai un postre sabedeiro
pola súa exquisitez
coñecese no mundo enteiro.


Ingredientes:
2 molocotóns en xarope, 2 prátanos, 2 kiwis, 1 cullerada de mel, 1 taza de frambuesas, 1 taza de grosellas, 3 cubiños de xeo, 1 vaso de auga.

Elaboración:
Pranar os prátanos e os kiwis, cortalos en cachos cos melocotóns nun bol, engadindo as frambuesas e as grosellas (reservar algunhas grosellas e rodaxas de kiwis para decorar.) Triturar todo na batido engadindo a auga e mel e 2 ou 3 cubiños de xeo ata deixalo ben batido.Bótase nunhas copas, decorando con unhas rodaxas de kiwis e unhas grosella. Ponse na neveira e sírvese frío, quedando listo para servir. Bo proveito.

miércoles, 27 de agosto de 2008

Ensaladilla de ervellas


Con ervellas da miña horta
arranxei esta ensaladilla,
é unha comida sinxela
que sabe de marabilla.


Ingredientes:
1 k de ervellas, 200 grs de aceitunas sen oso, 400 grs de bonito, 4 ovos, 200 grs de xamón york, 200 grs de xamon serrano. 200 grs de queixo, 1 cebola grande, 200 grs de pemento morrón de bote, aceite, vinagre e sal.

Elaboración:
Póñense as ervellas a remollo en auga fría como mínimo 3 horas antes de cocelas, podendo ser que sexa ervella da grande que se presta mellor. Ponse un recipiente ao lume con auga e sal engadindo as ervellas para que se cozan, en canto esten cocidas sácanse e póñense a escorrer e deixamos que enfríen. (Tamen siven as de bote que xa veñen cocidas). Límpanse os ovos, previamente cocidos, e a cebola partíndoos en cachos moi miudiños, facendo igual coas aceitunas queixo xamon york e pemento de bote, pícase todo moi miudiño engadíndolle o bonito ben esfarelado. Revolvemos ata que quede todo moi mesturado, logo engadimos as ervellas cocidas e síguese remexendo ata que quede unha mestura total,unha vez ben mesturado todo, pásase para unha fonte, decórase por riba con lonchas finas de xamón serrano e con tiriñas de pemento de bote. Ponse na neveira a enfriar, cando se saque engadímoslle aceite e vinagre, quedando listo para comer.
Aquí lles deixo outra receita moi refrescante para estes días. Bo proveito.

jueves, 14 de agosto de 2008

Macarróns a Catalana

Ai que comer macarróns
porque é comida san,
arranxeilles esta receita
ao estilo Catalán.


Ingredientes:
500grs. de macarrons, 400grs de carne magra de porco, unha cebola grandes salsa de tomate frito, pimenta negra, aceite e sal.

Elaboración:
Cocer os macarróns con auga e sal durante 10 a 12 minutos. Sácanse deixándoos escorrer, rocíanse con aceite de oliva. Nun recipiente bótase 4 culleradas de aceite de oliva aproximadamente, ponse a lume lento engadindo a cebola cortada moi miudiña ou pasase pola batidora e engadímoslle a carne que xa estará cortada tamén en cachiños pequenos,unha pouquiña pimenta negra e sal, remexendo con unha culler de pao engadindo de 5 a 6 culleradas de salsa de tomate e sal remexendo a diario sin parar engadíndolle tamen 1/2 vaso de leite, sin deixar de remexer, ata que a carne se frita, mírase de sal en canto a carne este a punto engadímoslle os macarróns que estarán cocidos e fríos remexendo durante uns minutos ata que se mesture todo. Sácanse para unha fonte e listos para servir. Que lles faga moi bo proveito.