jueves, 14 de agosto de 2008

Macarróns a Catalana

Ai que comer macarróns
porque é comida san,
arranxeilles esta receita
ao estilo Catalán.


Ingredientes:
500grs. de macarrons, 400grs de carne magra de porco, unha cebola grandes salsa de tomate frito, pimenta negra, aceite e sal.

Elaboración:
Cocer os macarróns con auga e sal durante 10 a 12 minutos. Sácanse deixándoos escorrer, rocíanse con aceite de oliva. Nun recipiente bótase 4 culleradas de aceite de oliva aproximadamente, ponse a lume lento engadindo a cebola cortada moi miudiña ou pasase pola batidora e engadímoslle a carne que xa estará cortada tamén en cachiños pequenos,unha pouquiña pimenta negra e sal, remexendo con unha culler de pao engadindo de 5 a 6 culleradas de salsa de tomate e sal remexendo a diario sin parar engadíndolle tamen 1/2 vaso de leite, sin deixar de remexer, ata que a carne se frita, mírase de sal en canto a carne este a punto engadímoslle os macarróns que estarán cocidos e fríos remexendo durante uns minutos ata que se mesture todo. Sácanse para unha fonte e listos para servir. Que lles faga moi bo proveito.

1 comentario:

  1. Ola veciña:  Pois si que están ben bos.De feito miña cuñada Ana que de cociña catalana si que entende, facíamos tódolos veráns...sabrosismos!Parabéns.  Bicos Marga.

    ResponderEliminar