miércoles, 27 de agosto de 2008

Ensaladilla de ervellas


Con ervellas da miña horta
arranxei esta ensaladilla,
é unha comida sinxela
que sabe de marabilla.


Ingredientes:
1 k de ervellas, 200 grs de aceitunas sen oso, 400 grs de bonito, 4 ovos, 200 grs de xamón york, 200 grs de xamon serrano. 200 grs de queixo, 1 cebola grande, 200 grs de pemento morrón de bote, aceite, vinagre e sal.

Elaboración:
Póñense as ervellas a remollo en auga fría como mínimo 3 horas antes de cocelas, podendo ser que sexa ervella da grande que se presta mellor. Ponse un recipiente ao lume con auga e sal engadindo as ervellas para que se cozan, en canto esten cocidas sácanse e póñense a escorrer e deixamos que enfríen. (Tamen siven as de bote que xa veñen cocidas). Límpanse os ovos, previamente cocidos, e a cebola partíndoos en cachos moi miudiños, facendo igual coas aceitunas queixo xamon york e pemento de bote, pícase todo moi miudiño engadíndolle o bonito ben esfarelado. Revolvemos ata que quede todo moi mesturado, logo engadimos as ervellas cocidas e síguese remexendo ata que quede unha mestura total,unha vez ben mesturado todo, pásase para unha fonte, decórase por riba con lonchas finas de xamón serrano e con tiriñas de pemento de bote. Ponse na neveira a enfriar, cando se saque engadímoslle aceite e vinagre, quedando listo para comer.
Aquí lles deixo outra receita moi refrescante para estes días. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario