miércoles, 18 de febrero de 2009

Cocido do entroido


Greliños e patacas
Filloas e carne de porco
É o xantar mas apropiado
Nestas datas de entroido.


Estas datas vai moi ben o cocido porque é un plato de inverno. Polos seus ingredientes apórtanos moitas calorías e proteinas, aparte de ser moi apetitoso pola sua exquisitez. Por eso en toda Galicia séguese a tradición do cocido sobre todo nas festas do entroido. É un plato que pode levar moitas variedades de cousas como por exemplo garabanzos, carne de terneira e de porco, tamén pode levar touciño, costela ,panceta, pezuñas ou unto e todo lle queda ben e se é acompañado de filloas moito mellor para substituír o pan, anque as filloas amen se poñen como postre, por exenplo recheas de chocolate mel flan ou nata, e como postre que non falten as sabrosas orellas do entroido ,que tamen son moi recordadas nestas datas.

Ingredientes:
1k de lacón salgado de porco, 1k de peteiro salgado de porco, 4 chourizos de porco, 4 patacas enteiras, 2 mancheas de grelos, auga e sal.

Elaboración:
Ponse un recipiente ao lume con auga engadíndolle a carne que estará desalgada deixando que ferva duas horas aproximadamente. Mentras plnanse as patacas e limpanse os grelos lavándoos por duas ou tres augas. En canto a carne estea cocida sácase para unha fonte, engadindo na auga as patacas enteiras. En canto levanten fervura engadímoslle os grelos que estarán ben escoados e máis os chourizos e mírase de sal por se a carne non soltara o sal suficiente. Reméxense os grelos co a espumadeira para que fervan por todo.Unha vez que estean cocido engadímoslle a carne para que quenza. Logo bótanse os grelos nunha fonte e a carne en outra , quedando listo para servir así quentiño.

Bo proveito

No hay comentarios:

Publicar un comentario