Que non falte fariña para pan
Que e moi necesario e lóxico,
Nin para filloas e orellas,
Sobre todo no entroido.
Ingredientes:
500 gs. de fariña, 3 ovos, aceite, esencia de anís, auga, azucre.
Elaboración:
Nun recipiente bótase a fariña facéndolle un burato no medio, engadímoslle os ovos no burato. Mestúrase todo ata que quede ben revolto. Logo teremos nun vaso unha pouquiña auga e engadímoslle esencia de anís e unha cullerada de azucre, reméxese todo e vaise engadindo pouco a pouco na fariña e nos ovos. Debe quedar todo moi mesturado amasando ben ata que a masa se quede coma un bloque. Deixase a repousar de 15 a 20 mínutos nun plato tapándoa con un paniño limpio á caloriña do lume. Mentras, ponse unha tixola ao lume con moito aceite e engadímoslle un cichiño de pán para sacarlle o sabor do aceite. En canto se toste sácase para empezar coas orellas, que xa a masa estará preparada para estirar con un rodillo. Unha vez estirada co rodillo córtase a masa en cachos e vaise estirando cas mans ata deixalas o mas finas posible botando unha por unha na tixola e coidando de que o aceite que non estea moi quente para que non se tosten nin moi frío para que non se enchoupen en aceite. Vanse sacando para unha fonte escorréndoas ben, espolvoreándolle azucre, quedando listas para comer como postre do entoido. Bo proveito.
martes, 10 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hoxe mesmo as vou facer!! Graciñas, Edita :)
ResponderEliminar