Mexillons con garabanzos,
E un potaxe sabedeiro,
E de coste sale barato.
Ingredientes: 500 grs de garabanzo, 3 kl de mexillóns, 2 tomates, 1 pemento vermello, 2 cenouras, 2 patacas, 2 porros, 1 cebola, 3 dentes de allo, aceite de oliva, azafrán, touciño de porco, enzuña de galiña, sal.
Elaboración:
Poñer os garabanzos a remollo durante a noite. Ao dia siguiente, ponse o lume un recipiente con auga, engadíndolle os garabanzos con un cachiño de touciño de porco e unha pouquiña enzuña de galiña ( que lle da moito agarimo aos garabanzos) deixando que fervan ata sua cocción (sen sal). En canto estean cocidos scanse para un coador deixándos a escorrer. Mentras cócense os mexillóns de seito (ao vapor), que estarán limpios e depurados, en cando empecen a abrirse sácanse para unha fonte con unha espumadeira, aproveitándolles a auga para unha cunca, e que sexa ben coada para que non lles queden cachos de conchas. En canto os mexillons estean fríos debúllanse e bótanse nunha fonte. Ponse ao lume un recipiente con auga (sen sal) engadíndolle as cenouras, porros e o pemento vermello cortados en cachos, as patacas e os tomates engadímolos enteiros en cando fervan de dous a tres minutos sácanse os tomates, sácaselle a pel e bótanse nun bol, deixando ferver o resto ata que se coza ben. En cando esté cocido tritúrase todo na batedora. Ponse un recipiente a lume lento con medio vaso de aceite engadíndolle a cebola e os allos moi picadiños, en canto se douren engadímoslle todo o pure das verduras coa metade da auga que soltaron os mexillons ata que quede unha salsa espesa, engadíndolle tamen ó azafrán e remexendo para que non se pegue, sen deixar de ferver, pasado cinco ou seis minutos engadímoslle os garabanzos botándolle o resto da auga dos mexillóns remexendo ata deixalo no seu punto. Mírase de sal por si non lle chegara o que ten a auga dos mexillons. Por último engadímoslle os mexillóns, colocandos por riba ben postiños, deixándoos ferver lentamente de 8 a 10 minutos. Quedando listo para servir en sopeira ou en fonte. Bo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario