miércoles, 14 de mayo de 2008

Licor de freixoa

Despois de comer e beber
para boa dixestión
toma licor de freixoa
que non hai cousa mellor.
Por si non coñeceran de donde ven a freixoa direilles que a teño na
miña horta. É unha pranta moi decorativa de folla perenne moi similar a do olivo. Bota unha flor moi fermosa a últimos de primavera de cor vermello da cal saen as freixoas , moi destacadas polas súas vitaminas A, E e C, ademáis de ter moito iodo.
Esa e a froita da que hoxe falamos na seguinte receita.

Ingredientes: 1 litro de aguardente do país, 500 grs. de freixoa, 800 grs. de azucre, e canela en rama .
Elaboración:
Botar nunha botella de boca ancha, 1 litro de aguardente do país, 500 grs. de freixoas planadas e cortadas en cachiños de xeito que caiba pola boca da botella, 800 grs. de azucre, e un anaquiño de canela en rama. Pechase a botella e ponse de xeito horizontal en repouso durante 3 meses, e cada 6 ou 7 dias dáselle media volta a modiño, sin sacala da posision en que está.
Se tendes paciencia para esperar, teredes a recompensa para degustar, pois é dun sabor exquisito.

7 comentarios:

  1. Hola Edita, Xa que a cousa vai de bebidas, ¿non terás por ahí a receita do licor café?...
    Saudos de Uxio

    ResponderEliminar
  2. HE PREPARADO EL LICOR SEGUN TU RECETA Y AHORA ME ARMO DE PACIENCIA PARA ESPERAR EL RESULTADO, ESTOY SEGURA DE QUE SALDRA ALGO DELICIOSO PORQUE YA PREPARE VARIAS RECETAS TUYAS Y ESTAN TODAS FANTASTICAS.
    DESDE MAZARICOS MIL GRACIAS POR TUS RECETAS.

    ResponderEliminar
  3. Ola Pilar. Gracias por facer as miñas receitas,espero que as sigas facendo e che sigan gustando.Tamén aproveito para darlle as gracias a Juas para que siga facendo mais. Un bico para os dous.

    ResponderEliminar
  4. uhmmm... buena pinta me tiene lo del licor, podrías dar más recetas en las que se usen las freixoas? es que me han regalado un montón y ya no sé que hacer con ellas! gracias por tus recetas! un saludoo

    ResponderEliminar
  5. Gracias por esta receta de licor de freixoas que no conocía, me pregunto si no saldrá muy dulce con 800 gr.de azucar? ¿Se puede hechar menos?

    ResponderEliminar
  6. os mellores postres so os de Esther fernandez

    ResponderEliminar
  7. gracias por esta estupenda receta de licor de freixoas, para facer un delicioso licor que gusta a todo o mundo, moitas gracias queridas cociñeiras

    ResponderEliminar