lunes, 12 de mayo de 2008

Tarta de café

Se queres cousiña boa
proba tarta de café
por riba de un bo xantar
xa verás que boa che é.
Ingredientes:

1 L de nata líquida , 6 culleradas de azucre, un vaso de leite, un vaso de café de cafeteira moi cargado, pan de molde, un sobre de royal e caramelo líquido ( ambos veñen xuntos no producto "Royal flan caramelo líquido)
Elaboración:
Poñer ao lume un recipiente con un litro de nata líquida. Engadir 6 culleradas de azucre remexendo con unha culler de pao a lume lento. Cando estea a punto de ferver engadir un vaso de leite, un vaso de café e un sobre de royal. Unha vez que comence a ferver sacalo e botalo nun molde que estará rociado de caramelo líquido, e por riba unha cama de pan de molde mui fina. Deixalo enfriar a temperatura normal (como 4 horas), e despois enfrialo na neveira.

Bo proveito, espero que vos guste!!. É de un exquisito padal!

4 comentarios:

  1. El sobre de Royal de que es?? flan? levadura? gelatina? podrías aclaralo por favor?
    Gracias, la receta muy apetecible.

    ResponderEliminar
  2. Apreciad@ amig@. O sobre fixo que non é de levadura, pero ahora mesmo non podo decirche si e de flanín ou de xelatina. Teño o sobre na casa e mañán mesmo cho digo.Non deixes de facela que esta moi rica.Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polo blogue ás tres autoras e a Edita pola receita

    Teño dúas cuestións

    O vaso de café é soluble ou como?

    Tamén me interesaría saber de que é o sobre de Royal, pois penso probar a facer esta torta

    Graciñas e parabéns de novo pola iniciativa

    Unha veciña de Teo.

    ResponderEliminar
  4. Apreciables amigos, o producto en concreto e Royal flan caramelo liquido.Dentro do paquete veñen os sobres por separado de Royal e de caramelo líquido.
    Respondendo á segunda pregunta direivos que o café é da cafeteira, café normal, pero en este caso o mellor é que estea moi cargado para saiba a café.
    Un saudo.

    ResponderEliminar