jueves, 22 de mayo de 2008

As receitas que lles mostro fíxenas con muito mimo. Arránxolles estes versos porque lles teño cariño

Se queres cousiña boa
proba a tarta de café,
por riba de un bo xantar
xa verás que boa che é.

Que vieiras sabedeiras
das nosas rías galegas
pois por moito que se busquen
non se encontran coma elas.
As ameixas de Carril
famosas no mundo enteiro
e feitas a mariñeira
hai que sacarlles o sombreiro.
A terneiriña galega
destacouse toda vida
pola sua calidade
ofrécenos garantía.
Como naceu tan enxebre
levámola de feira en feira
honrando a nosa Galiza
a empanadiña galega.
O fígado aporta ferro
ben nos ven para o organismo
axeitado con cebola
e dun padal exquisito.
Despois de comer e beber
para boa dixestión
toma licor de freixoa
que non hai cousa mellor
Teñen moito en común
as filloas e o entroido
o entroido e moi alegre
e as filloas saben moito.

1 comentario:

  1. amiga edita, pareceme moi ben a túa maneira de mesturar a poesía co bo facer na cociña e gustaríame que te atreveras a compoñer algo resaltando as virtudes do pulpo.
    (xa sabes que o día 15 de Xuño imos ter a festa do pulpo en Oza)
    Ánimo, un saudo de Uxio.

    ResponderEliminar