viernes, 23 de mayo de 2008

Fígado de tenreira encebolado

O figado aporta ferro
ben nos ven para o organismo
axeitado con cebola
e dun padal exquisito.
Ingredientes:

500 grs de fígado de tenreira, 2 cebolas, unhas follas de laureiro, viño branco do país, aceite e sal
Elaboración:
Cortar o fígado en lunxas de bisctes (ou tamén se se quere, en cachiños) e botarlle o sal. Plánanse as cebolas e córtanse mui miudiñas. Ponse unha tixola o lume con aceite de oliva e bótanse as cebolas e sal a lume lento. Antes de que se douren moito, quítanse para un plato. No mesmo aceite bótase o fígado e unhas folliñas de laureiro e un chorriño de viño blanco do país engadindo as cebolas que antes apartamos. Reméxese ata que quede todo ven revolto e sírvese quente. Bo proveito.

2 comentarios:

  1. Parabéns de bens-Agardamos a que o noso idioma, do noso pobo de Teo e galego, a LIngua Galega, collan neste blog o protagonimo preciso.Teo non pode fallar.Ánimo "VIVAMOS EN GALEGO".David Otero

    ResponderEliminar
  2. pois poñome a facelo...que xa son horas, isto acompañado dun arroz vastami mesturado con castañas cocidas...esta de morte. Saúdos

    ResponderEliminar