lunes, 7 de junio de 2010

Empanada de xoubas.


Ésta ampanadiña Galega. Ofrece moitas garantías. Porque está feita con xoubas Que se pescaron nas nosas rías.

Igredientes:
Para a masa: 800 grs. de fariña, 2 ovos, 30 grs. de levadura, auga, sal, recheo, 1/4 litro aceite de oliva, 1 kg de xoubas, 2 cebolas grandes, un pemento vermello, azafrán, sal.

Elaboración:
Nun recipiente ou nunha superficie que sexa axeitada na cociña bótase a fariña con unhas farelas de levadura ben xiscadas. Xúntase todo facéndolle un burato no medio. Engadir os ovos, amasando ata que quede un bloque de masa. Despois engadir auga con sal e seguir amasando ata facer unha masa fina, quedando en repouso ben tapada durante 20 minutos aproximadamente. Mentras faise a zaragallada (ou recheo). Para elo poñer unha tixola a lume lento con aceite,engadíndolle as cebolas cortadas en cachos pequenos, facendo igual co pemento, logo bótaselle o sal e o azafrán remexendo todo para que se mesture. A continuación córtase a masa en dous cachos e se estira unha delas e ponse como fondo da empanadera, que estará rociada con aceite normal ou si se quere co mesmo da zaragallada, estendéndoo con un pincel para que quede unha capiña moi fina para que a masa non se pegue, despois engadir a zaragallada, repartindoa moi uniformemente, engadindolle tamen as xoubas,que xa estaran lavadas e escorridas co a sal necesaria,poñendoas por todo ben postiñas. O outro cacho da masa estírase como a primeira poñéndoa por riba como tapadeira, facéndolle un burato no medio de 2 a 3 cm. de diámetro. Por último métese ao forno durante 25 ou 30 minutos a unha temperatura de 220 grados. Sácase do forno e córtase en cachos para unha fonte. Podendo ser comela quentiña, que estará mais rica.
Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario