miércoles, 9 de septiembre de 2009

Cebolas recheas.

Hoxe quérolles amosar
Esta gustosa receita.
Son ceboliñas recheas
Con carne de porco celta.

Ingredientes:
8 cebolas.
2 dentes de allo.
3 follas de laureiro.
Para o recheo:
500 grs. de carne picada (de vaca ou mezcla de porco e cordeiro.), 8 aceitunas sen oso
1 ovo, sal, pementa

Elaboración:

Córtase un casquete da parte superior da cada cebola, e unha a unha se lles extrae a pulpa con unha culleriña (canto máis puntiaguda mellor). Vaise deixando un oco na cebola con moito coidado para que esta non se desfaga. A continuación pícase esta pulpa extraída xunto cos allos. Para o recheo, mestúrase ben a carne picada co ovo e as aceitunas cortadas, condiméntase con sal e pementa, todo ben revolto. Con esta masa rechéanse as cebolas, que se colocarán boca abaixo na paellera. Engadíndolle as cebolas e os allos picados, así como o loureiro e tápase o recipiente. Despois de precalentar para estofar, baixase o lume ao mínimo e se deixa cocer durante 50-60 minutos. Para servir, se lles da a volta. Bo proveito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario