jueves, 16 de julio de 2009

Berenxenas recheas

Ingredientes:
2 berenxenas, 2 cebolas, 2 dente de allo, 3oo grs. de carne picada de cordeiro, 3 culleradas de queixo relado, pementa, sal.

Elaboración:
Pártense as berenxanas pola metade (sin planalas) e móllanse con zume de limón. Déixanse a repousar uns minutos e logo quítaselle a auga que elas foron soltando, a continuación baleiranse con coidado. Pícase a carne das berenxanas que se acaba de extraer, tamen as cebolas e os allos, mesturando todo coa carne picada de cordeiro. Despois de sazonar con sal e pementa, rechéanse con esta masa as berenxenas colócanse en unha bandexa. Espolvoréanse con queixo relado e métense ao forno precalentado para que se vaian gratinando a temperatura media durante 20 a 25 minutos. Quedando listo para servir. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario