Crieino no meu corral,
e deume moito traballo.
Agora vese a recompensa,
non hai máis que ollalo.
Ingredientes:
1 polo de aproximadamente 1.200 grs, 2 cebolas, 3 dentes de allo, 1 pemento verde, 2 tomates, Sal, Pementa, romeo fresco e tomillo ou herbas provenzais secas, 1/8 l de viño rosado.Elaboración:
Despois de limpiar e lavar ben o polo, sécase ben. Pártense as cebolas en aros e se pican os allos. Quítaselle as sementes ao pemento, lávase e despois de cortado en cuartos, pártese en tiras. Plánanse os tomates e córtanse tamén en cuartos. Nunha paellera prequentada, frítese ben o polo por todos os lados. A continuación, douranse as cebolas e os allos, engadíndolle as tiras do pimento e dos tomates e refogando todo xunto. Espolvoréanse o sal e as herbas. Tapamos e, a lume reducido, se deixa cocer o polo uns 40 minutos, dándolle a volta a media cocción.Cando o polo está no seu punto, sácase e córtase en catro partes. Quéntase novamente o fondo de asar, mestúrase co viño rosado, mirase de sal e se rocia a salsa sobre o polo, quedando preparado para servir. Un bo complemento pode ser o arroz. Bo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario