martes, 5 de mayo de 2009

Arroz con leite


Arroz con leite ,
Un pouquiño de canela,
E un pouquiño azucre,
Despois sabe que rabea.


Ingredientes:
1 litro de leite.
350 gr. de arroz.
8 culleradas de azucre.
Unha pouquiña canela en po.

Elaboración:
Poñer a lume lento un recipiente con un litro de leite, engadíndolle 350 gr de arroz e 8 culleradas de azucre.Para que o arroz non se pegue reméxese ata sua coción. Se necesitara leite vaiselle engadindo segundo lle faga falla, ata deixalo no seo punto de xeito espeso,(segundo gustos). Sácase para unha fonte ou algo moi similar, espolvoreándolle por riba canela en po deixando na nevera a enfriar.
Quedando listo para servir Bo proveito.

3 comentarios:

  1. nada mais ver a foto entrame unha fame........

    ResponderEliminar
  2. Eu deixoo facer xunto coa pela dun limón e sabe un chisco mellor (nótaselle ben!!)

    ResponderEliminar