Os mellores prátanos do mundo
témolos en Canarias
por eso os Españois
comemos poucas bananas.
Ingredientes:
3 prátanos, 1/2 litro de leite, 2 ovos, 2 culleradas de fariña de millo refinada, 4 culleradas de azucre, 1 ramiña de vainilla, unhas frambuesas.
Elaboración:
Nun bol desfanse as xemas dos ovos con un chorriño de leite fría, engadindo 2 culleradas de azucre e a fariña de millo diluída. Bátese coa batedora ata desfacelo ben e o restante do leite ponse nun recipiente a ferver coa vainilla. Antes de que ferva engádaselle a mezcla das xemas pouco a pouco, síguese quentando a lume lento sin parar de remexer. Engadímoslle 2 prátanos desfeitos, e seguimos remexendo a lume lento 5 minutos máis, ata que quede todo ben desfeito e espeso. Despois sírvese a crema nunha fonte (ou nunhas copas) e decórase con 1 ou 2 prátanos en rodaxas finas e unhas frambuesas, e con dúas claras de ovo a ponto de neve e dúas culleradas de azucre decorando como nuves brancas por riba do pastel, e listo para comer. Que lles faga bo proveito.
miércoles, 19 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario