lunes, 3 de noviembre de 2008

Pastel de queixo

Este pastel é moi bo
porque esta feito con queixo.
Con melocotón e prátano
fai un postre sabedeiro.





Ingredientes:
400 grs. de queixo fresco (sen sal ), un bote pequeno de leite condensada, 1 melocotón en almíbar, 2 prátanos, 3 ovos, 150 grs de galletas, manteiga e caramelo líquido.

Elaboración:
Desfacer as galletas e facer con elas a base do molde, que estará untado con un pouco de manteiga. Nun bol bótase o queixo cortado en cachos, os ovos e o leite condensado. Bátese ata que quede todo moi batido coa batedora. Bótase a masa sobre o molde por riba das galletas, e métese ao forno a 180 grs. durante 20 minutos ata que calle. Deixar enfriar e desmoldar. Rociar o pastel con caramelo líquido, decorando con rodaxas de melocotón e prátano, quedando listo para servir. Espero que lles guste. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario