lunes, 9 de junio de 2008

Merluza a cazola

A merluza e cousa san polas súas proteínas,
as do pincho saben mellor porque son das nosas rías.
Ingredientes:
6 rodaxas de merluza fesca, 6 langostinos, 200 grs. de ameixas, 200 grs de chícharos, 6 espárragos, unha cebola pequena, 1 vaso de aceite de oliva, salsa de tomate de bote, pemento vermello, perixel, 2 dentes de allo, viño branco e sal.

Elaboración:
Ponse unha cazola de Barro ao lume e bótase un vaso de aceite de oliva engadindo a cebola picada miudiña. Cando a cebola empece a dourarse engadir dos 2 dentes de allo picados, un chorriño de viño branco do país, a salsa de tomate e a merluza, que estará limpia e con sal,untandoa con fariña para que non se pegue. Aos dous minutos vírase a merluza engadindo os langostinos e as ameixas, collendo a tarteira e sacúdese en xeito de peneira varias veces para que non se pegue e mírase de sal. Por útimo engadir os espárragos e os chícharos que estarán cocidos en auga e sal.

Tamén se pode engadir uns cachos de pemento morrón de bote, en lugar de pemento vermello
quedando listo para comer. Espero que lles guste e de un padal exquisito. Bo proveito.

3 comentarios:

  1. HOLA EDITA, HICE LA MERLUZA SEGUN TU RECETA Y SABE A GLORIA, TIENE EL SABOR DE LA COCINA TRADIDICIONAL GALLEGA.
    FELICITACIONES POR TUS RECETAS.

    ResponderEliminar
  2. Hola.. se pueden meter patatas a cocer dentro?

    ResponderEliminar
  3. Ola Juan.Gracias por facer as miñas, agora son eu quen te felicita a ti por sairche tan ben.un bico.
    Con rescpeto a pregunta, Sí se poden engadir as patacas, pero antes hai que cocelas con sal a parte,engádense despois de virar a merluza.
    Un Saúdo.

    ResponderEliminar