viernes, 13 de junio de 2008

Torta de mazan


Vaia tarta a que eu fixen
coas mazáns da miña horta
nada máis que ollalas
vese que son ecolóxicas.


Ingredientes:
Base de hoxaldre, 3 ou 4 mazás, 3 ovos, 100 grs. de azucre, 100 grs. de maicena, 1/5 de leite, canela en rama.

Elaboración:
Poñer a lume lento un recipiente con 1/5 litro de leite a ferver engadindo un cachiño de canela en rama. Mentras, nun recipiente revólvense os ovos engadindo o azucre e a maizena ata que quede todo ben remexido. Cando o leite empeze a ferver engadir todo no leite remexendo todo ata que volva a ferver de novo, despois sacase do lume e ponse a enfriar. Mentras cóllese un molde cuadrado e estírase o hoxaldre, botándolle por riba unha capa fina de crema que fixemos antes, que xa estara fría, incorporádolle unhas mazáns, (podendo ser que sexan golden) planadas e filateadas, colocándoas a gusto. Ponse o forno a 220º durante media hora. Adórnase con cereixas vermellas e coco relado.
É de un padal moi exquisito. Bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario