viernes, 6 de junio de 2008

sigo mimando as miñas receitas

Ríndolle o meu homenaxe
ao noso caldiño galego
que durante muitos anos
amamantou aos galegos.
O polbo das nosas rías
ninguén o pode esquencer
a todo o mundo lle gusta
pola sua exquisitez.
A carne feita ao caldeiro
con patacas e chourizos,
si e de puchiña galega
esa sácanos o hipo.
A merluza e cousa san
polas suas proteinas,
as do pincho saben mellor
porque son das nosas rías.
Das pezuñas e do bucho
fanse os calliños galegos
revoltas con chourizos e garabanzos
despois chúpanselle os dedos.
Ai que carne de cordeiro
tan saborosa e xugosiña
iso foi porque paceron
na nosa terra meiguiña.

2 comentarios:

  1. Noraboa Edita!!

    Felicitarte por esta iniciativa de dar a coñecer o bo facer da cociña galega e por darnos a posibilidade de disfrutar desta fusión da poesía e gastronomía.

    Un abrazo de Leticia.

    ResponderEliminar
  2. Ola Leti ¿como estas? gracias polo ánimo que me das,direiche que teño moitas ganas de verte e de falar contigo espero que todo siga ben,muitos bicos.

    ResponderEliminar