sábado, 14 de junio de 2008

Carne ó caldeiro

A carne feita o caldeiro
con patacas e chourizos
si e de puchiña galega
é un manxar de prestixio
.

Ingredientes:
2 kilos de carne de puchiña galega, 8 chourizos de porco galego, 16 patacas do país, 300 grs de unto de porco galego, 4 dentes de allo, 300 grs de graxa de porco galego, 10 ou 12 litros de auga e sal.

Elaboración:
Nun recipiente grande bótanse de 10 a 12 litros de agua a lume forte engadindo a carne enteira ou tamen pode ser cortada en cachos de 200 grs aproximadamente engadindo o unto, a graxa, os allos e o sal e deixando ferver todo durante tempo. Para saber se está cocida pínchase cun tenedor. Antes de que se acabe de cocer engadirlle as patacas enteiras que estarán planadas nun recipiente cobertas con auga limpia e tamen se engaden os chourizos. En canto estean cocidos quedan listos xa para comer, bótanse nunha fuente e espolvoréaselle un pouco de pementón picante.
Desexándolle moi bo proveito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario