miércoles, 25 de junio de 2008

Mexillóns á vinagreta

O mellor mexillón do mundo
témolo nós en Galiza
sexa da roca ou batea
eso e unha delicia.


Ingredientes:
500 grs. de mexillóns, unha cebola, un pimento morrón, 2 zanorias, aceite de oliva, vinagre, laureiro e sal,
Elaboración:
Lávanse ben os mexillóns, raspándolle a concha con un coitelo. Póñense ó lume nun recipiente e cócense ó vapor engadíndolle unhas folliñas de loureiro. En canto se abran sácanse para unha fonte quitándolle a concha que esta libre deixando so a que conten o mexillón poñéndoas moi postiñas nunha fonte. Nunha cunca pícase a cebola, o pemento e as zanorias moi miudiñas engadindo un pouco de aceite vinagre e sal, remexendo ata que se mesture todo e próbase ata deixalo a gusto, con unha culler vanse enchendo un tras outro sucesivamente e póñense na neveira a enfriar, quedando listo para comer.
Bo proveito

1 comentario: