viernes, 27 de junio de 2008

O que nos comentan

Raquel nos envía a seguinte cartiña a auladeinformática@concellodeteo.com:

"Hola guapas, gracias por facer a páxina web. E facer recetas sinxelas e fáciles de entender. Son unha moza de 24 anos, que ando intentanto aprender a cociñar...
Teño moito que aprender, agora vivo soa, e non sei facer nada, acostumada a que mamá me fixera todo.
Quixera que poñeran tamén receitas, que aínda que parezan obvias, ou moi facilonas, de comidas que se fan diariamente, como espaguetis, ou cociñar algún pescado, lentellas, callos.... xa que estou moi verde.
Unha aperta. Raquel."

Gracias a ti Raquel por escribirnos. Tomamos boa nota desas receitas tan comúns pero que moita xente non sabe facer. Mentres, podes ir probando con esta última que subiu Edita e que ten moi boa pinta, os mexillóns á vinagreta, que ademáis son moi sinxeliños de facer.

Alberto Capelo desde Brasil nos comenta o seguinte:

"Visitei o voso blog, despois que vin reportaxes sobre el tanto en TVG como en El Correo Gallego.
Gustaría de unha receita fácil de empanada de Bacallao con passas.
Vou colgar un link para o voso blog na comunidade de Orkut: Gastronomía Galega.
Un saudiño desde Brasil. Alberto Capelo."

Gracias Alberto. Segundo Edita, convertir a empanada de bacallao en empanada de bacallao con pasas, é tan sinxelo coma, despois de botar a zaragallada por riba da masa ben repartida, botar tamén as uvas pasas ben distribuídas.
Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario