miércoles, 11 de junio de 2008

De invitadas a xantar


O outro día Esther invitounos a xantar á súa casa. As afortunadas fomos : Silvia, a alfabetizadora dixital do Concello e máis eu. Como era de agardar, o xantar foi unha delicia, e como ela é ademáis unha grande anfitriona, desfrutamos o dobre. O postre que elaborou especialmente para nós, non foi outro que unha das primeiras receitas que aquí publicou, e que creou polémica cos comentarios; a tarta de queixo sen fornear. Evidentemente levamos a cámara e tirámoslle unha foto, a que vedes aquí (tamén está posta ao lado da receita na categoría de postres) e non me digades que a ésta tarta lle falta algo!! nin galletas nin nada. Xúrobos que estaba boísima, non lle facía falla nada máis.
Para rematar o pracer da sobremesa, mentres tomabamos o café, Esther non dubidou en agasallarnos con unha peza ao piano. E é que, para os que non o saiban, Esther toca o piano; e moi ben por certo. Certamente parecía que eramos dúas señoras da nobreza do século pasado de tan ben atendidas que estivemos.
Bueno, xa estamos desexando que haxa unha segunda invitación... e que non haxa dúas sen tres ;-)

1 comentario:

  1. Gracias Esther por invitarnos a tu casa y prepararnos una comida tan buena. Pero al igual que Marta pienso que lo mejor fue el postre amanizado por tu sesión de piano.TODO UN LUJO!!!
    Espero que muy pronto se repita una ocasión como esta.

    Silvia

    ResponderEliminar